Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía
 Asignaturas
  Orientación profesional
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A1 A4 A6 A7 A12 B3 B4 B6 B11 B13 C3 No que se recollerá as actividades realizadas, a súa avaliación; así coma as reflexións xeradas. 50
Proba mixta A6 B3 B4 B10 B11 Que constará de preguntas tipo test de resposta múltiple e preguntas de desenvolvemento e se realizará ao longo do transcurso da materia como parte da avaliación continua do seu proceso de adquisición da aprendizaxe. 30
Simulación A6 B3 B4 B10 Consistirá na presentación do traballo suxerido mediante un xogo de rol.
20
 
Observacións avaliación

Atendendo as Normas de Avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario a materia aposta pola avaliación continua e as metodoloxías activas de aprendizaxe.  Para superar a materia o alumnado deberá acadar un 5 na calificación global da mesma. e ter superadas cada unha das metodoloxías avaliables.

Polo tanto, o día marcado no calendario oficial non se realizará ningún exame, xa que a avaliación continua terá rematado ao finalizar a docencia da materia. 

Para o alumnado que por motivos xustificados non poda asistir, se manterá o mesmo sistema de avaliación, polo que deberá estar pendente das actividades plantexadas e das datas de entrega das mesmas.

É obligatorio que o alumnado baixo esta modalidade o comunique nas dúas primeiras sesións do cuadrimestre mediante unha titoría coa docente. 

A convocatoria de Xullo estará destinada ao alumnado que ben no superase a materia ou ben que non se presentase

  • No primeiro caso (alumnado que non superou a materia na convocatoria de Xuño), realizará novamente as actividades de avaliación continua que non aprobou.
  • No segundo caso (alumnado non presentado) realizará todas as actividades de avaluación continua.

Nos dous casos é preciso entregar as actividades con data límite unha semana antes da data marcada para o exame no calendario oficial. Realizándose a proba obxectiva que supón un 30% da calificación total, na data oficial.

Enténdese que o alumnado universitario ten asumidas as capacidades lingüísticas en relación á expresión oral e escrita. Por tanto, é primordial e obrigatorio a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames realizados como condición imprescindible para superar a materia.

No relativo á realización fraudulenta (plaxio) das probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14. 4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes