Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía
 Asignaturas
  Orientación profesional
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A6 A7 A12 B3 B4 B6 B10 B13 C6 O alumnado escollerá unha das tres opcións:
a) Deseño dunha proposta de intervención no campo da orientación profesional que integre a perspectiva de xénero.
b) Selección, almacenaxe e difusión de recursos dixitais para a orientación profesional.
c) Análise e deseño de investigacións no campo da orientación profesional.
50
Estudo de casos A1 A4 A6 A7 A12 B3 B4 B6 B8 B10 B11 B13 C3 C4 C6 O alumnado enfrontarase ante a descrición de situacións específicas que suscitan un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. 30
Proba de ensaio A6 B3 B4 B10 B11 Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Utilízase para a avaliación diagnóstica, formativa e sumativa. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. 20
 
Observacións avaliación

ALUMNADO ASISTENTE: considerarase alumnado asistente a aquel que
presente, como máximo un 20% de faltas de asistencia durante o curso;
por iso, o profesorado poderá solicitarlle ao alumnado que asine unha
folla tanto á entrada como á saída. Ata un 20% das clases poderán
desenvolverse mediante charlas, conferencias, asistencia a seminarios
que non teñen por que coincidir co horario habitual das clases, pero que
será necesaria a asistencia para alumnado considerado como presencial. O
alumnado poderá xustificar as súas faltas de asistencia.


Os exemplares da realización dos traballos tutelados e do estudo de casos (80% da
cualificación) enviarase telematicamente e de non ser
posible, non utilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara,
empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un
uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o
medio natural. Débese
ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos
valores da sosenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais.O
prazo máximo de entrega será a semana seguinte de finalizar as clases.
O alumnado realizará tamén unha proba escrita da
totalidade dos contidos fixados na guía docente da materia (20% da
cualificación).

ALUMNADO NON ASISTENTE: O alumnado que non forme parte de ningún
grupo,
non realice as prácticas correspondentes (traballo tutelado e estudo de casos) ou non
asista regularmente ás clases, considerase alumnado non asistente. O
alumnado que teña un 20% de faltas de asistencia considerarase non
asistente e deberá presentar a resolución de tarefas asignadas para os traballos tutelados e estudo de casos obrigatoriamente de maneira individual (que
deberán ser avaliadas como aptas dentro do 80% da cualificación) e
realizar unha proba escrita da
totalidade dos contidos fixados na guía docente da materia (20% da
cualificación).

NOTA: A UDC regula a matrícula de estudantes a tempo parcial, criterios
que tamén serán tidos en conta polo profesorado, polo que será necesario
que o alumnado con este tipo de réxime de dedicación, o informe ao
profesorado e concerten a maneira na que se desenvolverá o proceso de
ensino-aprendizaxe.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes