Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía
 Asignaturas
  Orientación profesional
   Evaluación
Metodologías Competéncias Descripción Calificación
Trabajos tutelados A1 A6 A7 A12 B3 B4 B6 B10 B13 C6 O alumnado escollerá unha das tres opcións:
a) Deseño dunha proposta de intervención no campo da orientación profesional que integre a perspectiva de xénero.
b) Selección, almacenaxe e difusión de recursos dixitais para a orientación profesional.
c) Análise e deseño de investigacións no campo da orientación profesional.
50
Estudio de casos A1 A4 A6 A7 A12 B3 B4 B6 B8 B10 B11 B13 C3 C4 C6 O alumnado enfrontarase ante a descrición de situacións específicas que suscitan un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. 30
Prueba de ensayo/desarrollo A6 B3 B4 B10 B11 Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Utilízase para a avaliación diagnóstica, formativa e sumativa. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. 20
 
Observaciones evaluación

Requisito para superar a materia

Para superar a materia é imprescindible obter a metade da
cualificación outorgada a cada unha das dúas actividades que computan na
avaliación



Avaliación das actividades grupais

A cualificación das  actividades grupais  vai ser ponderada  para cada  membro do grupo cos resultados da auto-avaliación e  co-avaliación.


Actividades optativas

Coa realización de actividades optativas poden obterse
até dous puntos.



Modalidade de  avaliación para  as  persoas que non podan asistir
as aulas

Aquelas persoas que, por razóns debidamente acreditadas non podan
ter unha asistencia superior ó 85%, poden acollerse a unha modalidade de
avaliación específica. Para poder optar  esta modalidade   hai
que contactar inmediatamente coa  profesora  para
concretar as actividades de avaliación e o seu proceso de supervisión e seguimento.

FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA



Ausencia de citación de fontes

As citas e referencias a calquera tipo de texto deben declararse,
o uso de texto literal ou ideas doutros autores ou autoras parafraseadas sen
declarar a fonte supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da

Normativa académica de avaliacións, cualificacións e reclamacións,
aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013

,  que  establece “na realización de traballos, o plaxio
e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de
internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso
do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na
actividade"

Os contidos incluídos nos traballos deben estar 
referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias usando as normas
APA 6ª edición. O texto literal debe declararse usando as normas APA 6ª
edición. No parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas que se
re-elaboran.

Plaxio

O plaxio en calqueira das  actividades da avaliación será
motivo  de suspenso.



Como
consideración general, se tendrá especialmente en cuenta las deficiencias y faltas
ortográficas, así  como una redacción inconexa o inadecuada, deficiente
presentación, etc. Todo ello supondrá reducción de puntos sobre la nota obtenida.



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes