Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía
 Asignaturas
  Necesidades de formación no ámbito laboral
   Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Actividades iniciais
Traballos tutelados
Descrición
A situación actual de pandemia obriga a ter en conta aquelas adaptacións que veñan impostas polo límite de aforo das instalacións e polas posibles incidencias puntuais que se poidan producir, para o que será necesario seguir utilizando os recursos síncronos e asíncronos dos que dispón a Universidade para o apoio á docencia e a innovación: email, Teams e Campus Virtual fundamentalmente. A través desas vías combinadas, farase chegar ao alumnado toda a información necesaria (instrucións, contidos, materiais, recomendacións, informacións) para o correcto seguimento das clases.

O proceso para a elaboración dos traballos encomendados terán unha atención permanente e no seu caso persoalizada mediante as canles indicadas, coa finalidade de manter o apoio e o seguimento regular e individualizado necesarios nas diferentes propostas de aprendizaxe.

Aínda que non é obrigatoria a asistencia ás titorías, o profesor estará disponible o seu horario de atención ao alumnado de xeito regular, semanalmente, para resolver as dificultades que o seu traballo plantee. É preferible solicitar previamente a títoría. Nota importante: o profesor non avaliará aqueles traballos que non foran previamente tutelados e dos que non se teña constancia, para o cal, darase oportuna información no seu momento.

As titorías individuais poderán ser tanto virtuais como presenciais, mantendo, neste caso, as debidas medidas de seguridade. As titorías grupais serán virtuais a través de TEAMS.

Por razóns de hixiene, limpeza e desinfección do centro, estará prohibido o consumo de alimentos nas aulas.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes