Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía
 Subjects
  Training needs in the work setting
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Introductory activities A14 Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado. 10
Supervised projects B1 B2 B4 B10 C1 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
70
Long answer / essay questions A6 A14 B3 B5 B8 Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Utilízase para a avaliación diagnóstica, formativa e sumativa. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. 20
 
Assessment comments

1.- Para superar a materia é imprescindible ter superadas todas e cada unha das actividades de avaliación. En caso contrario, a cualificación será de suspenso. Gardaranse as partes aprobadas durante a convocatoria anual.

2.- A asistencia e participación activa e esixente nas dinámicas de aula serán consideradas de forma positiva no proceso de avaliación.

3.- Calquera circunstancia persoal que poida alterar o seguimento da materia por parte do alumnado deberá ser comunicada ao inicio do curso para a súa oportuna e axeitada consideración. Para o alumnado que, por razóns debidamente acreditadas, non poida ter unha asistencia sistemática e o faga a tempo parcial, establécense criterios de avaliación adecuados, en cada caso, ás súas circunstancias, garantindo a igualdade de oportunidades.

Criterios de avaliación:

- Proba de ensaio (50%)

- Traballos realizados en pequeno grupo (40%)

- Outros aspectos (Actitude, asistencia, interese amosado, etc.) (10%)

- O alumnado de segunda oportunidade deberá realizar unha proba obxectiva que contará o 100% da cualificación.

- No caso de ter estudantes con discapacidade, e dependendo da mesma, arbitraranse as probas oportunas contando co asesoramento da Unidade Universitaria de Atencion á Diversidade (ADI).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes