Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía
 Asignaturas
  Necesidades de formación no ámbito laboral
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Deseño e desenvolvemento da acción socioeducativa/652G03002
Educación permanente/652G03008
Organización e xestión de institucións socioeducativas/652G03012
Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables/652G03022
Métodos de avaliación de programas/652G03023
Orientación ocupacional/652G03021
Orientación e políticas de emprego/652G03031
Administración local e acción cultural e educativa/652G03040

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

- Non se admitirán traballos dos que o profesor non teña constancia da sua realización.

- As datas de entrega dos traballos son propostas con antelación suficiente para a súa realización, polo que, logo de seren consensuadas no grupo-clase, e agás casos moi excepcionais, estas son inamovibles.

- Para poder ser calificado/a e avaliado/a é necesario ter entregado todos os traballos esixidos. De faltar algunha das partes, o alumno/a figurará como NON PRESENTADO/A ao non poder ser avaliado na totalidade das propostas de aprendizaxe.

- Os traballos escritos presentaránse paxinados, grapados e ben identificados (nome do alumno/alumna, curso, grupo, materia e nome do profesor). Non é necesario encadernación, fundas de plástico, aneis ou deseños similares. É aconsellable facer copia do orixinal que se entregue.

-Sobre a entrega dos traballos, recoméndase a non impresión de borradores, o uso de medios telemáticos e, de non ser posible, as impresións a dobre cara en papel reciclado. Sobre este aspecto, o profesor dará oportunas indicacións se é do caso.

-O alumnado de modalidades específicas de aprendizaxe e apoio á diversidade, ou que teña recoñecida dedicación ao estudo a tempo parcial ou calquera outra situación excepcional, deberá informar debidamente da súa casuística ao profesor, e coa debida acreditación. Debe facerse NO INICIO DO CURSO, a efectos de poder adaptar a súa situación individual ás esixencias curriculares da materia, poder cumprir os criterios de avaliación aos que se someta o resto do alumnado e garantir a necesaria igualdade de condicións no proceso de aprendizaxe e de oportunidades na avaliación da materia.  Excepcionalmente, no caso de que o /a estudante, por razóns debidamente xustificadas, non puidera realizar todas as probas de avaliación continua, o profesor adoptará as medidas que considere oportunas para non prexudicar a súa cualificación

- No caso de estudantes con discapacidade, e dependendo da mesma, o profesor arbitrará as probas oportunas contando co asesoramento da Unidade Universitaria de Atencion á Diversidade (ADI).

- O alumnado de segunda oportunidade deberá realizar unha proba obxectiva que contará o 100% da cualificación, baseada nos contidos da materia.

- O calendario de titorías está exposto no lugar oficial da web da Facultade e na cortiza de anuncios da porta do despacho. (Despacho P0B16, Telf. 981167100 Ext. 4615)

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes