Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares e Socioeducativa
 Asignaturas
  Convivencia. mediación e resolución de conflitos
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Desenvolvemento en parellas ou en grupos de tres dun traballo a partir ben dun estudio de caso, ben dunha revisión bibliográfica, en referencia a un fenómeno ou problemática da convivencia nas institucións socioeducativas, con síntese crítica de perspectivas tanto teóricas como prácticas.

Recoméndase a entrega dos traballos impresos sen plásticos de encadernación, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir bosquexos (racuños/borredores). Débese facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

Para máis información sobre o formato e o período de entrega do traballo, véxase o espazo da materia na plataforma Moodle.
Sesión maxistral Exposición oral, por parte das docentes, e con apoio de recursos audiovisuais, de contidos relacionados co temario da materia.
Estudo de casos Metodoloxía na que se analiza unha situación específica cun problema a ser entendida e valorada por un grupo de persoas a través dun proceso de discusión, e posteriormente (e hipoteticamente) intervida. Estes casos xurdirán nas clases ou nalgún das fontes bibligráficas lidas.
Simulación Técnica de dinámica de grupos que ten como obxectivo axudar a desenvolver a perspectiva social e a empatía mediante a representación de diferentes papeis dentro de situacións conflitivas onde interveñen diferentes posturas que teñen que ser combinadas. Utilízase para traballar as relacións interpersoais, o comportamento, os valores e as actitudes.
Aprendizaxe colaborativa Dinámicas de grupos variadas, que se empregarán en clase nos debates e exposicións, no xogo de rol, na análise das fontes realizada en parella ou grupo, e nos traballos tutelados. Aparte de avaliar a nivel colectivo o grao de colaboración de cada grupo, o grao de participación de cada estudante nestas dinámicas colectivas avaliarase a nivel individual.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes