Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares e Socioeducativa
 Asignaturas
  Practicum
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Saídas de campo Constitúen as prácticas pedagóxicas: 150 horas de permanencia na institución escolar e socioeducativa durante as cales se realizarán tarefas de dirección e xestión propia institución.
Análise de fontes documentais Empregaranse documentos bibliográficos relevantes sobre os diferentes contidos a que o Practicum dá prioridade, como base para a análise e a reflexión sobre a diversidade de experiencias con que se entre en contacto nas institución do ámbito escolar e socioeducativo. É imprescindible entender a relación teoría-práctica e atender aos múltiplos factores que inciden no desenvolvemento dos centros, co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das distintas formas de interpretar a realidade. O/a Titor/a da Facultade establecerá as lecturas obrigatorias que considere necesarias para o mellor desenvolvemento do Practicum
Seminario 1.Sesión informativa inicial (2 horas). Información xeral para comentar e precisar a Guía docente, así como as pautas de carácter xeral, e orientar o alumnado acerca da súa decisión á hora de elixir institución colaboradora. Tamén se explicarán as funcións das diferentes persoas que van a titorizar o Practicum.
2.Selección de institución (2 horas).
3.Tres seminarios de titoría durante o Practicum co profesorado titor da Facultade (6 horas).
- Antes de incorporarse á institución de prácticas o profesorado de Practicum, na data que se establecer, orientará o alumnado que titoriza cando menos sobre as seguintes cuestións: documentos que debe incluír no portafolios, lecturas imprescindibles e datas de entrega dos traballos solicitadose calquera outra suxestión que estimar oportuna.
- Durante a realización do Practicum terá lugar a posta en común do traballo realizado ata o momento co fin de revisar a planificación proposta, formular e resolver as posibles necesidades e/ou conflitos percibidos. Trátase de seleccionar e analizar conxuntamente situacións ou procesos representativos do decorrer da práctica profesional. Tamén se comentarán os textos ou documentos seleccionados para este fin.
-Ao finalizar a estadía na institución, de avaliación e reflexión final do practicum.
Portafolios do alumno Ver anexos
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes