Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Didácticas Específicas
 Asignaturas
  Análise de experiencias interdisciplinares
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A9 A17 B2 B4 B5 B6 C1 C6 C7 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
100
 
Observacións avaliación

O/a estudante será avaliado en ambas as oportunidades por un traballo tutelado que poderá ser
realizado individualmente ou en grupo de dúas ou tres persoas. Este traballo deberá integrar cando menos unha das disciplinas ou áreas traballadas na materia (a saber, lingua e literatura, educación músical e artes plásticas)

Para que o alumno/a sexa avaliado unicamente polo traballo tutelado
deberá asistir cando menos ao 80% das sesións presenciais, a excepción daquel alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. 

O estudante que non chegue a unha asistencia do 80% das clases presenciais
, ou teña dispensa académica, deberá ser avaliado en ambas as oportunidades ademais de polo traballo, por unha proba
individual. Neste caso os dous ítems da avaliación (traballo e proba
individual) terán unha ponderación do 50% esixíndose en cada unha delas a
nota igual ou superior a 5 sobre 10.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes