Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
 Asignaturas
  Aplicación das TIC na Innovación Educativa 
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A17 B8 Prácticas entregadas no apartado de tarefas de moodle do uso das TIC. 20
Traballos tutelados B9 B11 C6 C7 En relación cos traballos tutelados valorarase:
- A consideración y a resposta de todos los puntos do Guión do Portafolio
- A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A profundidade do contido.
- O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas educativas.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
20
Portafolios do alumno B4 B11 C6 C12 Elaboración dun portafolio individual dixital en google site o nunha ferramenta web. 30
Proba mixta A3 A17 B2 B4 C9 C10 A proba mixta consistirá en dar resposta a varias cuestións que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. 30
 
Observacións avaliación

1. OPCIÓNS DE AVALIACIÓN:

Opción A.

Alumnado con dedicación completa: asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: 

a) Elaboración e presentación dos traballos individuais e de pequeno grupos en moodle (40%). 

b) Un exame escrito sobre os contidos da materia (30%).

c) Portafolio dixital (30%).

Opción B.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a normativa. Alumnado cunha asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: 

a) Elaboración e presentación dos traballos e portafolio dixital (50%). 

b) Un exame escrito sobre os contidos da materia (50%).

2. OBSERVACIÓNS ADICIONAIS:

1- Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados, portafolio dixital e proba de resposta múltiple).

 2- O traballo tutelado presentarase antes da data do exame oficial (para presentarse ao exame é condición indispensable ter presentados e aprobados os traballos).

 3- Aconséllase dispoñer de computador portátil ou tableta en todas as sesións aínda que se realizarán na aula multimedia. Os traballos individuais ou grupais do alumnado deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado supoñerá o suspenso da materia e a avaliación na convocatoria correspondente. A efectos de avaliación, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada.

4- As clases virtuais en Micorsoft Teams e moodle.

5- Os traballos individuais ou grupales do alumnado deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación na convocatoria correspondente.  A efectos de avaliación, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada.

6- "A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes