Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
 Asignaturas
  Metodoloxía de Investigación Educativa 
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividade que se desenvolve antes de iniciar o proceso de ensino-aprendizaxe coa fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos de aprendizaxe que se queren acadar, vinculados á investigación educativa. Con isto, preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.
Análise de fontes documentais A partir da busca en diferentes bases de datos e fontes bibliográficas, seleccionaranse diferentes artigos para coñecer a súa estrutura e analizar cada unha das súas seccións en función da metodoloxía utilidada. Ademáis, servirá para completar a parte correspondente da metodoloxía de solución de problemas.
Obradoiro Para facer o proceso de ensino-aprendizaxe máis práctico en termos de análise cuantitativa de datos e información cualitativa, realizaranse obradoiros cos recursos informáticos necesarios.
Sesión maxistral Exposicións oral nas que se explicarán os contidos dos temas da materia, puidendo complementarse co uso de medios audiovisuais e coa introducción de preguntas dirixidas ao estudantado, dun modo que permitan a participación activa do alumnado. Aclararanse as dúbidas que xurdan e comentarase a bibliografía que lles permitirá ampliar os coñecementos vistos en clase.
Solución de problemas Para promover a participación activa do estudantado, plantexarase a elaboración dun dossier que partirá da definición dun problema, completando as distintas fases do proceso de investigación científica, considerando os contidos traballados na materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes