Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
 Asignaturas
  AICLE: Aprendizaxe Integrada de Contidos en Linguas Estranxeiras 
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) AICLE: Aprendizaxe Integrada de Contidos en Linguas Estranxeiras  Código 652534003
Titulación
Mestrado Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Bobadilla Pérez, María
Correo electrónico
m.bobadilla@udc.es
Profesorado
Bobadilla Pérez, María
Correo electrónico
m.bobadilla@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia ofrecerase unha formación básica na metodoloxía da aprendizaxe integrada de contido e lingua estranxeira (AICLE). Dende o punto de vista teórico, estudaranse os seus precedentes, analizaranse os seus elementos e as súas implicacións curriculares e a súa avaliación. Así mesmo definiranse conceptos tales como multilingüismo, bilingüismo e plurilingüismo e analizaranse modelos de educación bilingüe/plurilingüe e considerarase a normativa europea, nacional e autonómica que a regula. Dende o punto de vista práctico presentaranse diferentes recursos útiles en AICLE, analizaranse boas prácticas educativas en torno a esta metodoloxía e realizarase un proxecto de investigación en torno á súa aplicación.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Ningunha 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Todas. *Metodoloxías docentes que se modifican. As metodoloxías que requiran presencialidade se farán de forma telemática 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Contacto continuo por medios telemáticos. 4. Modificacións na avaliación *Observacións de avaliación: As presentacións orais se farán de forma telemática. O exame para o alumnado con dispensa académica se fará a través de MOODLE. Para superar a materia o alumnado deberá asistir a un 80% das sesións presenciais. Aqueles alumnos/as con dispensa académica de exención de asistencia solicitada formalmente en tiempo e forma serán avaliados a través dun traballo e dunha proba individual. A nota final será a suma das cualificacións obtidas: Traballo: 6 puntos. Proba individual: 4 puntos. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes