Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
 Asignaturas
  Deseño de Proxectos Interdisciplinares 
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A8 B4 B6 Os traballos tutelados serán presentados e discutidos en gran grupo coa intervención dos demás compañeiros. Será avaliada moi especialmente a capacidade de argumentación do alumnado 15
Análise de fontes documentais A1 A2 B2 B8 B12 B13 C3 Esta análise mostrarase no traballo tutelado, dado que resulta imprescindible para súa fundamentación 15
Traballos tutelados A3 A9 B2 C4 C5 C6 C9 C13 Traballo que consistirá na elaboración/diseño dun proxecto de carácter interdisciplinar dirixido a un curso concreto de infantil ou primaria 50
Proba mixta A1 A2 B1 B8 B12 B13 C3 C10 Consistirá nunha proba personal dirixida a particularizar a cualificación final do alumando 20
 
Observacións avaliación

A avaliación desta materia consistirá na presentación e defensa dun proxecto interdisciplinar, en grupos de dous ou tres persoas, e excepcionalmente de xeito individual. O traballo titorizado consistirá no desenvolvemento dun proxecto interdisciplinar, centrado principalmente en ciencias naturais e matemáticas. Valorarase a calidade do traballo en si (50%), a análise documental que presenta (15%) e a súa exposición oral (15%). Ademais, realizarase unha proba mixta (20%). 

Se o/a alumno/a non alcanza o 80% das clases presenciais ou ten unha exención académica para a asistencia, deberán poñelo en conocimento das profesoras na primeira seman de clase, e avaliarase mediante as seguintes actividades: Traballo tutelado (25%); exposición oral (10%); análise de fontes documentais (5%), traballos propostos para a aula (20%) e proba mixta (40%). Todas as entregas deberán realizarse de xeito individual e nos mesmos prazos que o resto de estudantes. 

Para aprobar a materia será necesario acadar unha puntuación de 4 sobre 10 en cada un dos apartados.

Importante: nos traballos presentados considerarase a corrección da expresión e da ortografía. Por outra banda, o plaxio será a causa da suspensión da actividade avaliada, en coherencia co artigo 14.4 das NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DE GRADOS DE ESTUDOS DE BACHARELATO E MÁSTER, aprobadas polo Consello de Goberno o 19 de decembro de 2013 e modificadas o 29 de xuño de 2017.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes