Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
 Asignaturas
  A Contorna como Recurso Educativo 
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) A Contorna como Recurso Educativo  Código 652534006
Titulación
Mestrado Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas
Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Fraguela Vale, Raul
Correo electrónico
raul.fraguela@udc.es
Profesorado
Diéguez Cequiel, Uxío-Breogán
Fraguela Vale, Raul
Correo electrónico
uxio.breogan.dieguez.cequiel@udc.es
raul.fraguela@udc.es
Web
Descrición xeral Nun contexto socioeducativo no que a infancia e a mocidade están cada vez máis afastadas do medio natural e ven reducidas as súas posibilidades de aprendizaxe experiencial ante o avance das pantallas e as contornas virtuais, son moitas as voces que reclaman un replantexamento da educación cara a enfoques máis experienciais e activos. Tanto en contexto educativos escolares como non escolares, a aprendizaxe do e a través da contorna próxima debe ser unha das bases do proceso de aprendizaxe, especialmente en idades temperás. O aproveitamento didáctico dos recursos que ofrece a contorna supón un cambio metodolóxico, saír das aulas e aumentar o contacto do alumnado co seu contexto vital. Supón tamén descubrir e pór en valor o patrimonio material e inmaterial de cada territorio para que sexa o primeiro estímulo e motivación do alumnado que o habita. Os docentes deben desenvolver competencias para ler a contorna en clave educativa, para xerar experiencias que desenvolvan aprendizaxes e ser capaces de elaborar recursos didácticos a partir de cada contexto.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos – Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen – Análise de fontes documentais. – Aprendizaxe colaborativa. – Sesión maxistral. – Presentación oral. – Traballos tutelados. – Atención personalizada. *Metodoloxías docentes que se modifican – Saídas de campo (non se realizarán e o desenvolvemento das competencias ligadas a estas metodoloxías se incorpora ás metodoloxías “Aprendizaxe colaborativa”, “Sesión maxistral”, “Presentación oral”, “Traballos tutelados”). 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado – Mantense o tempo previsto para a atención personalizada, que se realizará a través das seguintes canles, tendo o alumno a posibilidade de seleccionar cales deles quere empregar, en función das súas necesidades e posibilidades de comunicación: titorías en directo a través da área de traballo “Teams” da UDC, mediante videoconferencia, conexión de audio ou chat; a través do correo electrónico institucional; a través dos chats e foros dispoñibles en Moodle. 4. Modificacións na avaliación - Non se realizarán cambios. *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: - As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non se realizarán cambios, porque a posibilidade de ampliar a bibliografía está sinalado na guía orixinal, coa seguinte redacción: “Esta bibliografía é orientativa e poderá ser ampliada polo profesorado ao comezo da materia”.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes