Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
 Asignaturas
  A Contorna como Recurso Educativo 
   Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Os traballos tutelados requiren atención personalizada, polo que as titorías e as sesións de asesoramento sobre o traballo tutelado serán referencias importantes para a realización do mesmo. O profesorado poderá realizar suxestións ou solicitar modificacións sobre o traballo tutelado que deberán ser aplicadas antes da súa entrega definitiva.

Nesta materia non se admite dispensa académica de exención de asistencia salvo no caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC" - Aprobada polo Consello Social do 04/05/2017-. Para aquelas actividades que non poida realizar por non asistir a clase, deberá acudir ás revisións das mesmas co profesorado para poder desenvolvelas.

A atención personalizada realizarase a través das seguintes canles, en función das posibilidades e necesidades de cada momento: titorías en persoa no despacho do profesorado, titorías en directo a través da área de traballo “Teams” da UDC, mediante videoconferencia, conexión de audio ou chat; a través do correo electrónico institucional; a través dos chats e foros dispoñibles en Teams e Moodle.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes