Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
 Asignaturas
  Traballo Fin de Máster 
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Traballo Fin de Máster  Código 652534007
Titulación
Mestrado Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 9
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Arufe Giraldez, Victor
Bobadilla Pérez, María
Bugallo Rodríguez, Ánxela
Chao Fernández, Aurelio
Chao Fernandez, Rocio
Fraguela Vale, Raul
Garcia Barros, Susana
García Morís, Roberto
Mendiri Ruiz de Alda, Paula Maria
Mesías Lema, José María
Correo electrónico
v.arufe@udc.es
m.bobadilla@udc.es
anxela.bugallo@udc.es
aurelio.chao@udc.es
rocio.chao@udc.es
raul.fraguela@udc.es
susana.gbarros@udc.es
roberto.garcia.moris@udc.es
paula.mendiri@udc.es
jose.mesias@udc.es
Web
Descrición xeral O traballo fin de mestrado é unha materia obrigatoria do plan de estudos, de 9 créditos. Supón a realización por parte do alumnado dun proxecto, memoria ou estudo que terá que ser individual, innovador, persoal e orixinal, que supoña unha iniciación á investigación dentro dunha das áreas de Didáctica Específica do mestrado, ou de varias, se se optase por lle dar un carácter interdisciplinar. Deberá estar orientado á aplicación das competencias asociadas á titulación e á adquisición das competencias relacionadas coa aprendizaxe autónoma, coa dirección dun/dunha profesor/a. Para a elaboración do TFM terase en conta o realizado durante o Practicum que será considerado, dentro do posible, como o traballo de campo deste TFM.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non hai cambios 2. Metodoloxías - Metodoloxías docentes que se manteñen. Non hai cambios - Metodoloxías docentes que se modifican. Os cambios non radican nas metodoloxías definidas (Investigación -Proxecto de investigación-; Traballos tutelados, Análises de fontes documentais; Presentación oral), senón basicamente no tipo de traballo que debe realizar o alumnado, que ha de promover a iniciación á investigación educativa, centrada en áreas curriculares de Educación Infantil e Primaria. Preténdese que o traballo de investigación teña carácter empírico sendo, no posible, o practicum un marco idóneo no que se poidan solicitar datos da realidade educativa, que serán analizados posteriormente. Nunha situación excepcional de pandemia, que imposibilite a posta en práctica de deseños de proxectos en aula ou telemáticamente, e a obtención dos correspondentes datos, necesarios para realizar un traballo empírico, propóñense como alternativa: a) un traballo de investigación documental ou b) o deseño, xustificado e fundamentado dun proxecto de investigación educativa en temas concreto de carácter curricular. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado. O alumnado debe manter un contacto directo co seu titor/á través das vías telemáticas. O profesorado responderá as súas dúbidas por estas mesmas vías. Tamén seguirá as directrices do documento marco, estando atento/á os posibles cambios do mesmo. 4. Modificacións na avaliación. A avaliación modifícase en función do tipo de Traballo Fin de Máster acometido. No apartado de observacións especifícase en detalle este particular. * Observacións de avaliación: Para as alternativas consideradas en caso de pandemia, mantense o “peso” da presentación oral, contemplando a argumentación e adecuación das respostas ás cuestións formuladas polo tribunal (40% da cualificación final). Con todo, modifícase o valor dos aspectos estimados na memoria de TFM presentada, ao non poder avaliar a análise dos resultados empíricos. Máis concretamente valórase: - Cuestións formais 10% - Obxectivos e fundamentación 25% - Metodoloxía no caso de proxectos de investigación ou resultados no de investigación documental 25% 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía. Mantense a bibliografía que será actualizada polo titor e caso necesario.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes