Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
 Asignaturas
  Traballo Fin de Máster 
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A8 A15 B4 B6 C7 C8 C13 O alumnado terá que facer a presentación oral e defensa do seu Traballo Fin de Mestrado, ante o tribunal asignado.
Terase en conta a corrección na expresión oral, capacidade de síntese, capacidades comunicativas, así como a corrección e argumentación das respostas e a súa adecuación ás posibles cuestións que os membros do tribunal lle poidan formular.
40
Traballos tutelados A5 A6 A8 A15 A16 A18 B1 B2 B9 C2 C5 C6 C7 C8 C11 O TFM será avaliado por un tribunal que será nomeado pola comisión do Mestrado, formado por tres profesores/as do equipo docente do título. Nesta avaliación terase en conta o rigor, a adecuación ao formato esixido, a incorporación das referencias bibliográficas oportunas, a fundamentación teórica, a coherencia, a orixinalidade e os resultados e conclusións, e todos aqueles que se especifiquen no documento marco. 60
 
Observacións avaliación

O estudante deberá exponer o traballo e defendelo ante un tribunal que será nomeado pola comisión do mestrado.
Para defender o traballo fin de mestrado será necesario haber superado as totalidade dos demáis créditos do título

Na realización do TFM o plaxio ou a utilización de textos procedentes de internet sen identificar, serán motivo de suspenso. Terase en conta a expresión e tamén a ortografía.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes