Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
 Asignaturas
  Prácticum 
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 A2 A10 B9 C2 C7 Actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de profundar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia. Estas actividades proporcionan ao alumnado coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo. 10
Saídas de campo A7 A15 B2 B12 C1 C3 C5 Refírese ao período de asistencia ao centro onde se realizarán as prácticas. Precísase a avaliación positiva do titor/a do centro para poder pasar á segunda fase da avaliación. 45
Traballos tutelados A9 B5 C6 C11 Metodoloxía diseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe de “cómo facer as cosas”. Constituie unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en duos elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
45
 
Observacións avaliación

O proceso de avaliación consta de dúas fases. En primeiro lugar, o titor/a
de o centro deberá emitir unha valoración sobre o desenvolvemento das prácticas
que supoñerá un 45% da nota final. Se o informe é favorable, o titor/a de a
universidade valorará a memoria -45%- e a participación en xornadas/reunións
-10%-.

No caso de non alcanzar unha valoración de 5 por parte do titor/a do
centro ou do titor/a da universidade, a nota final será a nota da parte non
superada. Non presentar a memoria, tendo valoración favorable por parte do
titor/a do centro, suporá unha cualificación final de suspenso 4.

En caso de superar a valoración do titor/a de o centro de prácticas, a cualificación gardarase para o seguinte curso académico.

Para a cualificación da memoria teranse en conta os seguintes aspectos:

  • Cuestións formais (10%)
  • Proposta de acción (60%)
  • Reflexión do proceso e implicacións educativas (30%).

O alumnado con exención académica para a asistencia terá que realizar as practicas presenciais para superar a materia. En calqueira caso, contemplase a posibilidade de convalidar esta materia xustificando experiencia docente específica en Educación Primaria ou Infantil, sendo imprescindible a solicitude de recoñecemento de créditos ao inicio do curso ou excepcionalmente ao longo do mesmo.

Importante: Na memoria do practicum considerarase a corrección da expresión e da ortografía. Por outra banda, o plaxio será a causa da suspensión da actividade avaliada, en coherencia co artigo 14.4 das NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DE GRADOS E MÁSTER, aprobadas polo Consello de Goberno o 19 de decembro de 2013 e modificadas o 29 de xuño de 2017. Concretamente, la realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes