Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
 Asignaturas
  Dificultades na Aprendizaxe das Matemáticas. Enfoque Práctico 
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A3 A8 A16 B1 B2 B5 B6 C1 C2 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 Terase en conta a participación razoada, a realización razoada das tarefas e a aportación ás dinámicas de grupo. 30
Investigación (Proxecto de investigación) A1 A2 A3 A8 A9 A11 A15 A16 A17 B1 B6 B8 B9 B11 B12 B13 C1 C2 C4 C5 C6 C7 C8 C9 C10 Traballo en equipo ou individual sobre un tema de interese.
Terase en conta a dificultade do tema elixido, a metodoloxía seguida na súa realización, a exposición dos resultados atopados e a argumentación das conclusións.
60
Presentación oral A11 B3 B4 C1 C4 C8 C9 Exposición do traballo de investigación, co apoio de recursos TIC 10
 
Observacións avaliación

En todas as actividades valorarase especialmente o rigor nas análises e a solidez da argumentación das conclusións.

Se o/a  estudante non chega a unha asistencia do 80% das clases presenciais e non conta con recoñecemento de dispensa académica de exención de asistencia, será avaliado mediante unha proba escrita  individual.

O alumnado con dispensa académica de exención de asistencia será avaliado mediante un traballo de investigación individual e unha proba escrita individual, sendo a nota final  a media destas dúas partes e requiríndose unha nota mínima de 5 sobre 10 en cada unha delas para poder superar a materia. 

A avaliación na 2ª oportunidade realizarase mediante os sistemas análogos correspondentes a cada un dos dous xeitos de avaliación aplicados na 1ª.

Nos traballos de avaliación que se entreguen, os
contidos incluidos deben estar apropiadamente referenciados
ao longo
do traballo e no apartado de referencias usando certas
normas. O
texto literal debe declararse usando ditas normas. No
parafraseado deben figurar
as fontes orixinais das ideas que se reelaboran. A presencia
de fontes
científicas no traballo é un signo de credibilidade que é un
requisito
imprescindible para demostrar a excelencia académica.


Recoméndase consultar:

http://www.udc.es/biblioteca/servizos/apoio_investigacion/servizos_apoio/publicar/citar.html

Terase en conta a corrección gramatical e ortográfica.

Tense que evitar o plaxio. 

Aplicarase a modificación do artigo 11, apartado 4 b), do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, aprobada en Consello de Goberno, segundo o cal as citas e as referencias a calquera texto debe declararse, e o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar a fonte, implica:

"Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario."


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes