Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
 Asignaturas
  Expresión Musical e Novas Tecnoloxías. Estratexias Didácticas 
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A1 A11 B5 C1 Técnica metodolóxica que supón o emprego de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artígos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades específicamente deseñadas para o análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. 20
Traballos tutelados A3 A7 A9 A11 A17 B2 B4 B8 B12 C2 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe de “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade polo seu propio aprendizaxe.
Este sistema de ensino basease en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
40
Obradoiro A3 A17 B6 B13 C3 C4 C6 C10 C11 C13 Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc.) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, có apoio e supervisión do profesorado. 40
 
Observacións avaliación

Para aprobar a asignatura é necesario aprobar cada un dos
apartados anteriores. No caso contrario non se fai media.


A asistencia ás clases presenciais é obrigatoria. O alumnado, individualmente ou en pequeno grupo (como máximo 2/3 alumnos/as)
entregará, unha vez rematadas as clases presenciais, o traballo
realizado.

Se o estudante non chega a unha asistencia do 80% das clases
presenciais; deberá ser avaliado, ademáis de polo mesmo que todo o alumnado, por unha
proba individual. Neste caso, os ítems da avaliación e o traballo terán unha ponderación do 50%, esixíndose en
cada unha delas unha nota igual ou superior a 5 sobre 10.

Como consideración xeral, terase especialmente en conta, tanto nos
exámes como nos
traballos, as deficiencias ortográficas de puntuación e acentuación,
así
como unha redacción inconexa ou inadecuada, deficiente presentación,
excesivo número de tachaduras, etc. Todo elo suporá a redución de puntos
sobre a nota
obtida.
En caso de que a/o profesor detecte plaxio
nalgún
traballo, suporá un 0 na cualificación. No caso de reiteración, darase
traslado á Comisión Académica para a toma de medidas oportunas.
Farase especial fincapé no cuidado do medio
ambiente en pro dunha
educación e sociedade sostible. Os traballos
serán enviados exclusivamente telemáticamente, e de
non ser posible, nos documentos impresos non se empregarán plásticos,
elixirase a impresión a dobre cara, e papel reciclado, evitando
imprimir borradores.

Débese facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos
negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos
principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos
comportamentos persoais e profesionais. Para elo, sempre que sexa posible na
elaboración dos traballos empregarase material de reciclaxe e evitarase o
emprego de materiais de plástico na entrega dos mesmos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes