Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
 Asignaturas
  Traballo por Proxectos en Educación Física 
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A7 A10 A16 A17 A18 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C1 C2 C3 C4 C5 Realizaranse traballos de aplicación de contidos. Os traballos poderanse realizar individualmente ou en grupo. A docente especificará os requisitos formales para a sua presentación, tanto na sua parte escrita como na oral. O cumplimento dos requisitos será imprescindible para que os traballos sexan aceptados. 30
Aprendizaxe colaborativa A1 A2 A3 A4 A7 A8 A9 A16 A17 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B11 B12 B13 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C10 Traballo que ten como denominación “Traballo por proxectos ”, será o fío conductor da materia e consistirá en levar a cabo vivencialmente un traballo por proxectos. Crearánse distintos materiais producto das vivencias desenvolvidas. 50
Presentación oral A17 B6 B7 B8 B13 C1 C3 Consiste na exposición na clase da análise de fontes documentais e dos traballos tutelados. 20
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade: 

O estudantado será avaliado polos traballos tutelados (30%), a aprendizaxe colaborativa (50%) e a presentación oral (20%), que poderá realizarse individualmente ou en grupo tal e como se acorde coa docente. Para que o alumnado seña avaliado de este modo, deberá asistir polo menos ao 80% das sesións.

Si o estudiantado non chega a unha asistencia do 80% das sesións deberá ser avaliado asemade de polos traballos tutelados e a aprendizaxe colaborativa, por una proba individual. Neste caso todos os ítems da avaliación terán una ponderación do 33% esixíndose en cada unha de elas una nota igual ou superior a 5 sobre 10 para que faga media.

Segunda oportunidade: 

o estudiantado que asistiu a máis do 80% das sesións na primeira oportunidade, manterán as notas que acadaron a puntuación mínima indicada pola profesora. Deberase repetir as partes da avaliación que non alcanzaron ese mínimo. No caso de non asistir ao 80% das sesións a avaliación será igual que na primeira oportunidade para o caso de non chegar a ese mínimo de asistencia.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.

Nesta materia non se admite dispensa académica de exención de asistencia salvo nos casos achegados no apartado de "Atención personalizada".

Os traballos desta materia se entregan todos de forma electrónica, procurando o uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o
medio natural. Tamén se pretenderá o mesmo obxectivo coas saídas de campo, tratando en todo momento de ser responsables co medio ambiente.

Na asignatura facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou
socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida
universitaria.

Asemade deberase incorporar a perspectiva de xénero nos traballos e exposicións nesta materia.

É primordial e necesaria a corrección
ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos realizados como condición imprescindible para superar a materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes