Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
 Asignaturas
  Investigación e Innovación en Didáctica da Expresión Corporal 
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A13 B1 C3 C6 Para comprobar os coñecementos adquiridos na materia o alumnado terá que realizar un traballo en microgrupo de 2-3 persoas. Unha vez finalizado o traballo presentaranse na aula para a súa avaliación por parte do docente. Nos traballos valorarase a innovación, a creatividade, a orixinalidade, a funcionalidade e a aplicabilidade.
100
 
Observacións avaliación

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia

O alumnado que non alcance o 80% da asistencia ás clases ou non asista e teña dispensa académica ou exención de asistencia, realizará un exame sobre os contidos da materia na data oficial do exame.  Para a elaboración do traballo seguirase a normativa publicada no moodle na presentación da materia. 

En relación coa redacción de traballos, estes non poderán conter plaxio, considerado este como a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa orixe e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerado causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar.

A fin de garantir os obxectivos do Green Campus, os traballos entregaránse sempre vía online en formato electrónico evitando o consumo de papel e plásticos.

 A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes