Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
 Asignaturas
  Intervención Didáctica en Espazos Culturais 
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A7 A9 B4 B6 B13 C6 O proceso de deseño e elaboración dos traballos, os resultados dos mesmos, así como a exposición oral, serán obxecto de avaliación. Terase en conta a idoneidade do tema escollido e o seu desenvolvemento.
Realizaranse por parellas, quedando ao criterio da docente a posibilidade de realizalos individualmente.
50
Sesión maxistral A1 B11 C10 C11 Realizarase unha proba simple, individual, no que o alumnado demostre a comprensión e asimilación dos contidos básicos tratados. 10
Saídas de campo A2 B2 B9 C7 C13 As actividades previas e posteriores ás saídas a centros de interese cultural serán obxecto de avaliación, valorándose a participación activa e a calidade na realización das tarefas encomendadas. 40
 
Observacións avaliación

O alumnado terá que realizar todas as saídas que se programen. Se por causa xustificada non a puidera facer co grupo, deberá facela individualmente, exceptuando aqueles casos que polas características non o permitan, polo que tería que realizar unha tarefa de contidos ou características semellantes.

Para superar a materia, o alumnado terá que superar cada unha das metodoloxías de avaliación, así como presentar os traballos coa debida corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), gramatical e léxica, tanto na expresión oral como escrita. 

Na realización de traballos, o plaxio e
a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da Internet, sen
indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá
ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo
das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente
procedemento. 

O alumnado con matrícula a tempo parcial será avaliado polo traballo tutelado e a proba individual, da mesma maneira que aqueles/as que non cumpran coa asistencia do 80%. Así mesmo, deberán seguir as indicacións da profesora para suplir a realización das saídas de campo. A nota final será a media das cualificacións obtidas, requiríndose en cada unha delas unha nota igual ou superior a 5 sobre 10 para aprobar a materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes