Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
 Asignaturas
  Intervención Didáctica en Espazos Culturais 
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A7 A9 B4 B6 B13 C6 O proceso de deseño e elaboración dos traballos, os resultados dos mesmos, así como a exposición oral, serán obxecto de avaliación. Terase en conta a idoneidade do tema escollido e o seu desenvolvemento.
Realizaranse en grupos de dous ou tres persoas.
60
Saídas de campo A1 A2 B2 B9 B11 C7 C10 C13 As actividades previas e posteriores ás saídas a centros de interese cultural serán obxecto de avaliación, valorándose a participación activa e a calidade na realización das tarefas encomendadas. 40
 
Observacións avaliación

Na avaliación terase en conta a participación e dedicación á materia, tanto na aula como nas actividades realizadas fóra da mesma.

O alumnado será avaliado a través dos traballos grupais (60%) e dun traballo individual sobre as saídas didácticas (40%), sempre que asista polo menos ao 80% das aulas presenciais. 

O alumnado que non alcance unha asistencia do 80% das clases presenciais, así como o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será avaliado por un exame (70%) sobre o temario da materia, e por un traballo tutelado (30%). Para aprobar deberá superar tanto o exame como o traballo.

O alumnado terá que realizar todas as saídas que se programen. Se por causa xustificada non a puidera facer co grupo, deberá facela individualmente, exceptuando aqueles casos que polas características non o permitan, polo que tería que realizar unha tarefa de contidos ou características semellantes.

Para superar a materia, o alumnado terá que superar cada unha das metodoloxías de avaliación, así como presentar os traballos coa debida corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), gramatical e léxica, tanto na expresión oral como escrita. 

Na realización de traballos, o plaxio e
a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da Internet, sen
indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá
ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo
das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente
procedemento. 

A
realización fraudulenta das actividades de avaliación, unha vez
comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria
en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica
0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da
falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto,
procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade,
se fose necesario. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes