Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
 Asignaturas
  Novas Tendencias na Educación Ambiental 
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A10 A11 A13 A15 B8 C1 Terase en conta a amplitude da revisión bibliográfica realizada, así como a relevancia das reflexións e panorámicas realizadas sobre o tema elixido. 10
Aprendizaxe colaborativa B3 B4 B11 C5 Valorarase a capacidade de análise, argumentación e resolución sobre as tarefas presentadas, e o grao de participación e colaboración no traballo en grupo.
20
Proba mixta A7 B1 B6 C12 Valoraráse a capacidade do alumnado de aplicar (análise e síntese, argumentación, crítica...) os coñecementos adquiridos ao longo do curso no deseño de actividades destinadas á alfabetización científica ambiental. 40
Traballos tutelados B2 B5 C2 C6 C7 C11 C12 C13 A iniciación á investigación e/ou innovación demanda a presentación dun traballo persoal, reflexivo, orixinal e xustificado, no que tamén se valorará a coherencia interna do mesmo.
30
 
Observacións avaliación


No caso dos estudantes que
asistan a máis do 80% das sesións o valor de cualificación da proba
mixta dividirase entre a avaliación dos traballos tutelados, aos que
lles corresponderá o 60% da cualificación, e a avaliación
da aprendizaxe colaborativa á que lle corresponderá o 30%.
 

Se o estudante non chega a unha asistencia do 80% das clases
presenciais deberá entregar todos os traballos solicitados e será avaliado, polo traballo individual e pola proba
mixta. Neste caso os dous ítems da avaliación empregados (traballo
e proba individual) terán unha ponderación do 50%, esixíndose cadansúa
nota igual ou superior a 5 sobre 10 para aprobar a materia.

Aqueles
alumnos/as con dispensa académica de exención de asistencia (que deberán
comunicalo a primeira semana de clase) serán
avaliados a través dunha proba realizada na data oficial, e dos traballos realizados individualmente e entregados nas datas fixadas pola docente A nota final no caso deste alumnado será a media ponderada
das cualificacións obtidas, solicitándose tanto
no traballo como na proba unha nota igual ou superior a 5 sobre 10 para
aprobar a materia.

NOTA 1: 

  • Os erros ortográficos nos traballos e materiais presentados reducirán a puntuación final.
  • O plaxio detectado nos traballos entregados será motivo de suspenso na materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes