Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
 Asignaturas
  Novas Tendencias na Educación Ambiental 
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A10 A11 A13 A15 B8 C1 Terase en conta a amplitude da revisión bibliográfica realizada, así como a relevancia das reflexións e panorámicas realizadas sobre o tema elixido. 10
Aprendizaxe colaborativa B3 B4 B11 C5 Valorarase a capacidade de análise, argumentación e resolución sobre as tarefas presentadas, e o grao de participación e colaboración no traballo en grupo.
20
Proba mixta A7 B1 B6 C12 Valoraráse a capacidade do alumnado de aplicar (análise e síntese, argumentación, crítica...) os coñecementos adquiridos ao longo do curso no deseño de actividades destinadas á alfabetización científica ambiental. 40
Traballos tutelados A8 B2 B5 C2 C6 C7 C11 C12 C13 A iniciación á investigación e/ou innovación demanda a presentación dun traballo persoal, reflexivo, orixinal e xustificado, no que tamén se valorará a coherencia interna do mesmo.
30
 
Observacións avaliación


No caso dos estudantes que
asistan a máis do 80% das sesións o valor de cualificación da proba
mixta dividirase entre a avaliación dos traballos tutelados, aos que
lles corresponderá o 50% da cualificación, e a avaliación
da aprendizaxe colaborativa á que lle corresponderá o 40%.
 

Se o estudante non chega a unha asistencia do 80% das clases
presenciais deberá entregar todos os traballos solicitados e será avaliado, polo traballo individual e pola proba
mixta. Neste caso os dous ítems da avaliación empregados (traballo
e proba individual) terán unha ponderación do 50%, esixíndose cadansúa
nota igual ou superior a 5 sobre 10 para aprobar a materia.

Considerarase como “Non presentado” (NP)
aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concorrese ás
distintas actividades a avaliar (actividades sesións interactivas; prueba escrita;
trabajos tutelados) que se establezan para o curso académico.

Segundo o establecido na " NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017):

  1. Deberá poñelo en coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o recoñecemento.
  2.    Terán que realizar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e entregalos nas datas establecidas polo docente.Se non se cumpre a entrega na data sinalada considerarase como "Non Presentado", por non completar as distintas actividade a avaliar (actividades das sesións interactivas; proba escrita; traballos tutelados) que se establecen para o curso académico.  
  3.    No caso da concorrer a todas as actividades a avaliar, a cualificación será a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante o curso, así como da proba escrita a realizar na data oficial , debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para poder superar a materia. No caso de non superar algunha das partes na primeira oportunidade, a nota será a media ponderada dos apartados suspensos e deberán repetir/entregar na segunda oportunidade as partes non aprobadas (actividades/traballos/proba). 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario

NOTA 1: 

  • Os erros ortográficos nos traballos e materiais presentados reducirán a puntuación final.
  • En virtude do artgo. 14, aptdo 4 da NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017) o plaxio detectado nos traballos entregados será motivo de suspenso na materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes