Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
 Asignaturas
  Organización e Autonomía dos Centros Escolares
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Esta metodoloxía empregarase para presentar o plano de traballo da asignatura, introducir e/ou expoñer os contidos básicos de cada un dos temas da guía docente, formular cuestións para afondar neles e proporcionarlle ao estudantado orientacións para a elaboración das actividades, probas e traballos solicitados.
Lecturas Con esta metodoloxía búscase promover o hábito lector, para fundamentar o traballo, as reflexións, as accións e a toma de decisións. Estas lecturas faranse, fundamentalmente, fóra do horario de clase.
Aprendizaxe colaborativa A aprendizaxe colaborativa está orientada a promover a colaboración docente na definición e resolución de problemas educativos, na planificación, na elaboración de propostas organizativas, etc. de cara a favorecer o funcionamento democrático nos centros, o seu propio desenvolvemento profesional, o desenvolvemento institucional e o compromiso coa equidade na educación.
Discusión dirixida Mediante esta medotoloxía búscase analizar e poñer en común parte dos contidos traballados na asignatura, co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das diferentes formas de interpretar a realidade educativa. Estes debates realizaranse a partir do contido das fontes seleccionadas como material de traballo obrigatorio. Con carácter xeral, ese material deberá ser preparado fóra do horario de clase.
Proba mixta A proba pode conter diferentes tipos de preguntas que requiren establecer relacións entre os contidos traballados coas distintas metodoloxías empregadas durante o cuadrimestre.
Traballos tutelados Esta metodoloxía está orientada á realización, en pequeno grupo, dun traballo escrito, seguindo as orientacións dadas. Este traballo iniciarase na aula e completarase mediante o traballo autónomo do alumnado. Os resultados acadados presentarante na clase. Implicará a análise e relación de contidos da documentación traballada.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes