Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
 Asignaturas
  Organización e Autonomía dos Centros Escolares
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A2 B2 B10 C3 C7 C9 Valorarase a capacidade para organizar o traballo do grupo, para definir e resolver problemas educativos, para planificar, para elaborar propostas organizativas, etc. que favorezan o funcionamento democrático nos centros, o propio desenvolvemento profesional, o desenvolvemento institucional e o compromiso coa equidade na educación. Neste apartado terase en conta a asistencia e a participación activa na actividade da clase, nos debates, na elaboración de propostas, etc. 20
Traballos tutelados A2 A1 B2 B3 B4 B5 B6 B10 C1 C3 C7 C9 Nos traballos valoraranse os seguintes aspectos:
ELABORACIÓN:
- Estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical.
- Contido: Comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, uso das fontes traballadas no tratamento dos contidos ao longo do cuadrimestre e relacións entre eles.

EXPOSICIÓN E DEFENSA:
- Relevancia e organización dos contidos expostos.
- Coordinación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
- Nivel de comprensión dos contidos básicos.
- Claridade expositiva.
- Capacidade de argumentación.
40
Proba mixta A1 B1 B2 B3 B4 B5 B6 C1 C3 C9 A proba consistirá en dar resposta a varias cuestións que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados na materia ao longo do cuadrimestre. Terá carácter individual. 40
 
Observacións avaliación

Requisitos para superar a materia (para o alumnado con dedicación a
tempo completo e para o que ten recoñecida a dedicación a tempo
parcial):

- Asistir e participar regularmente nas actividades da clase (asistencia mínima do 80%).

- Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (aprendizaxe colaborativa, traballos tutelados e proba mixta).

-
Entregar, expoñer e defender os traballos tutelados na data que se indique, que será
previa á do exame oficial. Para presentarse ao exame é condición indispensable
ter entregado e defendido o traballo. Recoméndase enviar os traballos telematicamente
e, de non ser posible, non utilizar plásticos, elixir a impresión a dobre cara,
empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores. Débese facer un uso
sostible dos recursos e prever impactos negativos sobre o medio natural. Débese
ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da
sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

- A convocatoria da segunda oportunidade estará sometida aos mesmos requisitos que a de xaneiro.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes