Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
 Asignaturas
  Convivencia Escolar, Mediación e Resolución de Conflitos
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Convivencia Escolar, Mediación e Resolución de Conflitos Código 652536002
Titulación
Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Sanchez Blanco, Concepcion
Correo electrónico
concepcion.sanchez.blanco@udc.es
Profesorado
Sanchez Blanco, Concepcion
Teasley Severino, Cathryn
Correo electrónico
concepcion.sanchez.blanco@udc.es
cathryn.teasley1@udc.es
Web http://Véase la asignatura en la plataforma Moodle de la UDC
Descrición xeral O desenvolvemento das sociedades do mundo e da convivencia humana a través do tempo, ata o actual período histórico de modernidade tardía, serve de telón de fondo para comprender o papel chave que xoga a convivencia e a mediación e resolución de conflitos nas institucións educativas. Trátase de situar a convivencia no seu xusto marco de aproximación conceptual e de elaboración práctica e activa, pois dito marco é máis amplo, complexo e dinámico do que a miúdo parece: transcende a cultura escolar e as distintas institucións educativas en xeral, englobando outros ámbitos formais e non-formais de acción e produción socio-cultural, como son a educación en familia, a cultura popular da comunidade local, os medios de comunicación de masas, e as diversas ámbitos institucionais do Estado. As institucións educativas están inseridas neste grande marco socio-político e cultural, un que, a súa quenda, se atopa inmerso noutro contexto aínda máis amplo de política internacional e transnacional que se move ao ritmo dun sistema económico cada vez máis globalizado: o capitalismo neoliberal. Neste escenario mundial de ámbitos tan interdependentes e complexos —e de recursos naturais finitos—, a conflitividade xorde desde os desequilibrios de poder entre colectivos e individuos con intereses diverxentes, desequilibrios reflectidos nos propios sistemas educativos. Mais non son os conflitos, per se, o que ameaza o benestar, pois os conflitos son un aspecto natural das relacións humanas. A violencia xorde das formas en que ditos conflitos sexan afrontados. Se son intervenidos de xeito pacífico, poden incluso resultar creativos e produtivos á hora de procurar desde as comunidades educativas e locais unha convivencia cosmopolita que respecte a diferenza produto da diversidade de experiencias e procedencias, de crenzas, ideoloxías e identidades, de orientacións persoais e das prácticas culturais das persoas integrantes das comunidades locais. O alumnado desta materia aprenderá a afrontar con creatividade este escenario a través da cultura da paz e da nonviolencia para así fomentar, desde a dirección dos centros educativos, unha convivencia óptima tanto nos ámbitos institucionais participados, como, por extensión, nas comunidades multiculturais que os rodean.
Plan de continxencia En caso dunha suspensión temporal da presencialidade na Universidade da Coruña, tomaranse as medidas a seguir: 1. Modificacións nos contidos: Ningunha. 2. Metodoloxías docentes que se manteñen: Todas manteranse menos a asistencia á aula física. No seu lugar, o alumnado participará ou ben directamente nas sesións gravadas da plataforma virtual de Teams, ou ben indirectamente mediante o Foro virtual da plataforma de Moodle. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Esta atención canalizarase por correo electrónico, por Teams, por Moodle ou por teléfono, podéndose concertar citas por estes medios. 4. Modificacións na avaliación: A "participación oral" do alumnado canalizarase a través das sesións telemáticas de Teams ou do Foro virtual de Moodle (mediante comentarios escritos, como alternativa ao Teams). Contará a calidade máis que a frecuencia desa participación. De xeito excepcional, o alumnado que nunca participou nas sesións (nin de aula, nin de Teams, nin no Foro de Moodle) realizará un traballo individual, que lle valerá o 80% da cualificación final, así como unha prsentación oral individual, que lle valerá o 20% da cualificación final. A presentación oral realizarase telematicamente ou por teléfono, e durará uns 15 minutos, aproximadamente. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Ningunha.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes