Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
 Asignaturas
  Convivencia Escolar, Mediación e Resolución de Conflitos
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Metodoloxía na que se analiza unha situación específica cun problema a ser entendida e valorada por un grupo de persoas a través dun proceso de discusión, e posteriormente (e hipoteticamente) intervida. Estes casos xurdirán nas clases ou nalgún das fontes bibliográficas lidas.
Presentación oral Exposición grupal ante o grupo-clase dun documento escollido polo micro-grupo (de entre os títulos de documentos presentados en Moodle). Tempo total de exposición: 10-15 minutos. Despois de cada exposición haberá unha discusión dirixida co grupo-clase sobre o tema e os contidos expostos.

Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, expoñendo temas, conceptos, principios, traballos, experiencias e feitos; propoñendo cuestións varias; comentando textos; e realizando aclaracións de forma dinámica.
Traballos tutelados Desenvolvemento en parellas ou en grupos de tres dun traballo a partir ben dun estudio de caso, ben dunha revisión bibliográfica, en referencia a un fenómeno ou problemática da convivencia nas institucións educativas, con síntese crítica de perspectivas tanto teóricas como prácticas.

Recoméndase a entrega dos traballos impresos sen plásticos de encadernación, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir bosquexos (racuños/bosquexos). Débese facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

Para máis información sobre o formato e o período de entrega do traballo, véxase o espazo da materia na plataforma Moodle.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que as/os integrantes dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un/ha ou máis moderadores/as (neste caso, as profesoras).
Aprendizaxe colaborativa Dinámicas de grupos variadas, que se empregarán en clase nos debates e exposicións, no xogo de rol, na análise das fontes realizada en parella ou grupo, e nos traballos tutelados. Aparte de avaliar a nivel colectivo o grao de colaboración de cada grupo, o grao de participación de cada estudante nestas dinámicas colectivas avaliarase a nivel individual.
Simulación Técnica de dinámica de grupos que ten como obxectivo axudar a desenvolver a perspectiva social e a empatía mediante a representación de diferentes papeis dentro de situacións conflitivas onde interveñen diferentes posturas que teñen que ser combinadas. Utilízase para traballar as relacións interpersoais, o comportamento, os valores e as actitudes.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou filmes, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia, con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como sínteses de contidos de carácter teórico ou práctico.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes