Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
 Asignaturas
  Convivencia Escolar, Mediación e Resolución de Conflitos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A7 A27 A31 B16 Esta actividade consiste na participación en xeral (en clase e/ou a través do foro en Moodle), e tamén na exposición grupal en clase (de 10-15 minutos) dun artigo, informe ou capítulo de libro (a escoller entre os títulos que se presentarán en Moodle).

Respecto á exposición grupal, valoraranse os aspectos a seguir:

• Calidade da participación na preparación desta actividade.
• Relevancia e organización dos contidos expostos.
• Coordenación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
• Nivel de comprensión dos contidos básicos.
• Capacidade analítica e de síntese.
• Claridade expositiva.
• Creatividade e innovación nas propostas.
20
Traballos tutelados A5 B2 B3 B4 B5 C1 Valorarase a competencia do alumnado no resumo e na valoración argumentada de cada texto empregado na elaboración do traballo, así como na comparación entre os mesmos, coa fin de:
• realizar unha síntese crítica e orixinal, e
• analizar o caso ou a cuestión/problemática escollida.
80
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, cada estudante debe obter polo menos o 50% dos puntos correspondentes a cada unha das actividades de avaliación.

En caso de non superar a materia na primeira oportunidade, o alumnado poderá tentar superala na segunda oportunidade mediante a mellora das mesmas actividades. Alternativamente, poderá realizar unha proba mixta sobre os contidos da materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes