Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
 Asignaturas
  Investigación Cuantitativa
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Investigación Cuantitativa Código 652536006
Titulación
Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Arias Rodriguez, Maria Alicia
Correo electrónico
alicia.arias.rodriguez@udc.es
Profesorado
Arias Rodriguez, Maria Alicia
Correo electrónico
alicia.arias.rodriguez@udc.es
Web http://https://www.udc.es/es/centros_departamentos_servizos/departamentos/departamento/?codigo=D162
Descrición xeral A realidade é complexa, diversa e difícil de analizar, describir e interpretar, por iso é necesario, que ao longo da súa formación académica, adquira unha serie de competencias que lle permitan desenvolver a súa posterior actividade profesional. Por tal circunstancia, a aprendizaxe e aplicación de diversas metodoloxías de investigación, que se planifican nesta materia, permitirá nun futuro para seleccionar a máis adecuada para solucionar os problemas que se encontrará no seu próximo ámbito laboral. Sen esquecer que dentro do seu ámbito laboral terá que investigar para poder achegar posibles solucións que melloren o contexto no que se desenvolva a súa actividade laboral. A diversidade de concepcións epistemolóxicas aplicables ás distintas situacións sociais será fonte de información para o/a investigador/a, permitíndolle determinar cal é a máis adecuada para solucionar o problema ao que se enfronta. Non se pretende establecer unha prelación ou unha orde de importancia entre os variados modos de investigación, senón que é o problema de investigación o que determinará a elección dunha metodoloxía ou outra, facendo dela a máis válida para este tipo de problema. Toda isto non ten sentido se non nos preguntamos e respondemos á pregunta: que queremos conseguir. Son moitos os instrumentos que podemos utilizar para obter datos e, por elo, é necesario ter coñecemento do amplo abano de posibilidades. Un bo/oa profesional será aquel/a que saiba optar, en cada circunstancia, polas metodoloxías que mellor se adapten á situación. Por iso, é necesario afondar no coñecemento e no dominio das distintas ferramentas que temos á nosa disposición. Así nesta materia se irá analizando as principais metodoloxías que poden ser aplicadas ao ámbito educativo, indicando as súas características fundamentais, as vantaxes e inconvenientes que presentan e as circunstancias ou momentos máis adecuados para poñelas en práctica.
Plan de continxencia Plan de continxencia (adaptado de addenda Covid19): 1. Modificacións nos contidos: non se realizarán cambios 2. Metodoloxías Metodoloxías docentes que se manteñen: -Análise de fontes documentais -Sesión maxistral -Proba Mixta -Analise de fontes documentais -Actividades iniciais – Atención personalizada Metodoloxías docentes que se modifican: non se realizarán cambios 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: –Correo electrónico: De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos exercicios nas clases e o dossier – Moodle: Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica”, a través das cales se poñen en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia. – Teams: A) sesión semanal do grupo para o avance dos contidos e das actividades na franxa horaria que ten asignada a materia non calendario de clases aprobado pola comisión académica do mestrado e aprobados na Xunta de Facultade (planificadas para o estudantado presencial) B) De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo para ou seguimento e apoio na realización das actividades. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades de aprendizaxe do alumando para desenvolver a materia (planificadas para o estudantado presencial) 4. Modificacións na avaliación: non se realizarán cambios Observacións: a) A presencialidade dos/as estudantes só controlarase nas clases da materia a través da realización das actividades que se farán ao final de cada sesión. Os/as estudantes serán considerados presenciais sempre que asistan ás clase; soamente poden faltar tres veces (sen xustificante), pero nunca máis de dúas veces. Os/as estudantes poden presentar xustificantes, por faltar a clase, sempre que sexan médicos, de traballo, de hospitalización, etc. pero deben ser homologados (non poden ser, por exemplo, a solicitude dunha cita médica, etc.). O recurso principal que se empregará para o control da asistencia do alumno será o Moodle, onde se realizarán as actividades (se as clases son virtuais senón nas clases presenciais). b) Os/as estudantes non presenciais poden seguir a materia por Moodle, se ben non poderán participar nas actividades nin serán convocados por TEAMS para as clases. Considerarase alumnado non presencial aquel que, dada unha nova situación de confinamento, ate ese momento tivera elixido esa opción (no primeiro día de clase) ou ben tivera superado xa as tres faltas de asistencia en total (ou nalgunha das partes da materia); nesta última opción as/os estudantes pasarían automaticamente a esta modalidade. Manterase a avaliación deste alumnado tal e como se recolle na Guía Docente, no apartado específico de "observacións". c) As clases manteñen o formato de grupos de traballo que se especificaran na ben se estamos na modalidade presencial ou virtual. Os grupos de traballo crearanse por TEAMS, que será o medio a través do cal se fará o seguimento das actividades por parte do profesorado (estas clases serán sempre no horario aprobado pola comisión académica do mestrado e aprobado na Xunta de Facultade). Soamente para os/as estudantes presenciais. d) A avaliación da materia será virtual (debido a circunstancias sanitarias) e manterase a mesma ponderación das cualificacións, con independencia da modalidade docente. Será da seguinte forma: actividades (solución de problemas) o serán dentro de cada clase. As actividades non se habilitará ata que comecen as clases; serán presentadas dentro do dossier e serán colgados en Moodle na data establecida polo profesorado o primeiro día da clase. Cabe lembrar que a/o estudante presencial debe presentarse a cada unha das formas de avaliar para superar a materia, e dicir, debe facer proba mixta, solución de problemas e o análise de fontes documentais. Os estudantes non presenciais terán que realizar soamente a proba mixta e a solución de problemas (coas actividades que indique a profesora e que aparecerá distintivamente en moodle) e) As titorías da materia serán individuais e virtuais. O alumnado deberá solicitar hora ao profesorado vía correo electrónico. MOI IMPORTANTE, AS TUTORIAS SEMPRE SERÁN DENTRO DO HORARIO PRESENTADO POLO PROFESORADO QUE IMPARTE A MATERIA. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes