Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
 Asignaturas
  Investigación Cuantitativa
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Metodoloxía que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (artigos, textos educativos, bases de datos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para o análise dos mesmos (todo por medio de moodle)
Esta metodoloxía pódese empregar: como introdución a un tema, como instrumento de aplicación, para explicar procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como sínteses de contidos de carácter teórico ou práctico (se a aula non é presencial esta metodoloxía seguirase en moodle e por teams)
Solución de problemas Trátase de resolver diferentes problemas que se expoñan en relación cos contidos da materia, tanto desde o punto de vista máis teórico como práctico. Levarase a cabo na aula presencialmente ou virtualmente (grupos teams) e baixo a supervisión da profesora. Desta forma leva a cabo unha avaliación continua para comprobar se se entende o explicado en clase e sábese aplicar a diferentes situacións.
Sesión maxistral Expoñeranse os diferentes temas da materia explicando os contidos incluídos nos mesmos de modo que permita interactuar co estudantado e aclarar as dúbidas que teñan. Presentarase a bibliografía que permitirá profundar nos temas expostos. Para elo se utilizará moodle con power point (se as clases pasan a ser virtuais os power point será coa gravación das explicacións)
Proba mixta Proba utilizada para a avaliación das aprendizaxes tanto das clases tanto presenciais como virtuais (nestas últimas a través da aplicación moodle). As preguntas poden ser directas ou afirmacións incompletas, mesmo preguntas con varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións. Pero só unha e a máis correcta. NESTA PROBA AS RESPOSTAS INCORRECTAS RESTARÁN ÁS CORRECTAS.
Actividades iniciais Realizarase unha avaliación inicial sobre os coñecementos que ten o alumnado acerca dos contidos relacionados coa materia para introducir o que se vai a impartir e facer na mesma (esta metodoloxía realizaráse sempre por moodle sexan as aulas presenciais ou virtuais)
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes