Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
 Asignaturas
  Tratamento da Información Cualitativa e Cuantitativa na Investigación dentro da Xestión, Avaliación
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Tratamento da Información Cualitativa e Cuantitativa na Investigación dentro da Xestión, Avaliación Código 652536007
Titulación
Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Espiñeira Bellon, Eva Maria
Correo electrónico
eva.espineira@udc.es
Profesorado
Espiñeira Bellon, Eva Maria
Correo electrónico
eva.espineira@udc.es
Web
Descrición xeral Estudos e informes de avaliacións diagnósticas a nivel nacional e internacional como PISA, TIMSS ou PIRLS, poñen de manifesto a necesidade de contar con profesionais da educación capacitados/as na investigación, a medida e a avaliación educativa. Para unha verdadeira mellora educativa, é preciso que os/as profesionais da educación teñan coñecemento sobre a investigación educativa, aprendan a interpretar os datos e comuniquen e difundan eficazmente os resultados. Para iso faise necesario dotalos/as das competencias necesarias para planificar e desenvolver este tipo de actuacións nas aulas ou nos centros educativos. Co obxectivo de poñer en marcha proxectos enfocados na comprensión e mellora da realidade educativa, ha de obterse a capacidade de traballar con ferramentas e software de análise de datos e programas de análise de datos cuantitativos e cualitativos como SPSS ou MAXQDA.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Todas *Metodoloxías docentes que se modifican Ningunha 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. – Moodle: Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. – Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación Ningunha *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que as referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Ningunha
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes