Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
 Subjects
  Quality Management in Schools, Autonomy, Transparency and Accountability: Improvement Plans
   Methodologies
Methodologies Description
Supervised projects Ao redor dos diferentes temas propoñeranse a realización de pequenos traballos de grupo baseados na xestión da calidade. Estas actividades iniciaranse na aula e deberán ser completados mediante o traballo autónomo e traballo colaborativo,a tendendo ás indicacións que se proporcionarán a través de atención personalizada individual e/ou en pequeno grupo.
Para a realización destes traballos tomaranse como referencia os materiais básicos da materia así como aqueles que se consideren complementarios (outras fontes documentais). Basearanse nos distintos recursos que existan nas bibliotecas, centros de recursos, e/ na rede.
O conxunto destes traballos formarán parte do portafolio individual e do grupo, Os contidos desenvolvidos serán avaliados tamén na proba obxectiva.
Oral presentation Finalmente realizarase unha exposición oral, na que cada grupo compartirá os traballos realizados cos demais grupos.
Directed discussion Mediante esta dinámica abordaranse os diversos temas orientados a que o alumnado reflexiones sobre a importancia da xestión da calidade na mellora dos centros educativos, atendendo aos principios da calidade a fin de favorecer a mellora continua e a toma de decisións.
Objective test A proba obxectiva consistirá nunha actividade final da materia con carácter evaluativo a través da cal o alumnado deberá dar resposta a varias preguntas facendo un tratamento global e integrando os coñecementos adquiridos de acordo aos contidos adquiridos de acordo ao conxunto de contidos abordados ao redor de diferentes dinámicas de traballo ao longo da materia.
Guest lecture / keynote speech
Na actividade de sesión maxistral traballaranse contidos que conforman o marco teórico mediante exposición oral, guiada coa presentación de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.
Realizarase unha exposición xeral de cada un dos temas de que consta o programa, indicando aqueles aspectos que poden ser ampliados polo estudante para o seu traballo persoal.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes