Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
 Asignaturas
  Xestión da Calidade nos Centros Docentes, Autonomía, Transparencia e Rendición de Contas: Plans de M
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A3 A22 A23 A24 B2 B3 B10 B11 O exame final fixado pola Comisión académica do título e aprobada por Xunta de Facultade realizarase mediante unha proba obxectiva na que entrará toda a materia (clases expositivas + traballos tutelados).

O sistema de corrección da devandita proba será o seguinte:

- Para preguntas de verdadeiro/falso: unha resposta incorrecta, restará unha resposta correcta.

- Para preguntas de varias alternativas aplicarase a fórmula de corrección ao azar: acertos - erros/nº alternativas
40
Traballos tutelados A24 B2 B3 B4 B10 B11 C1 C9 A metodoloxía de traballos tutelados porase en práctica nas clases interactivas. Para a realización do estudo de casos é preciso formar pequenos grupos de traballo e débese ter en conta o seguinte:

- Formaranse grupos pequenos (non máis de 4 persoas).

- Cada grupo elixirá unha persona coordinadora, encargada de presentar e defender as ideas do seu grupo de traballo, no caso en que se lle solicite, que será rotativa en cada práctica.

- Estos grupos formaranse o primeiro día de clase polo profesorado.

O profesorado realizará un seguimento das prácticas que se vaian elaborando por cada grupo. As prácticas se entregarán a través de moodle. O profesorado irá realizando o seguimento partindo do que se expoña na aula. Se fará un proceso de autoevaluación e heteroavaliación.

O profesorado indicará propostas de mellora de cada práctica a cada grupo co fin de que na proba mixta da materia o alumnado sepa realizar as prácticas sen problema. Son, por tanto, materia de exame.
60
 
Observacións avaliación

Criterios para superar a materia 

1. Os traballos tutelados subiranse individualmente á plataforma moodle (Será valorada a parte individual e a grupal).

2. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase (80%). 

3. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados e proba obxectiva). 

4. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique. 

 SITUACIÓNS:

 A) Alumnado con dedicación completa: Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%. Elaboración e presentación dos traballos tutelados en pequeno grupo (60%)

B) Os estudantes a tempo completo como aqueles con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de asistencia segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO E MASTER NA UDC (Arts. 2.3; 3. b e 4.5) (29/5/212) deberán entregar entregar os traballos tutelados, aínda que estes últimos poderán presentalos de maneira individual. A cualificación máxima para este tipo de estudantes das prácticas será do 40%.   A proba obxectiva será a mesma para todos. (a cualifiación máxima para un estudante que non asista a clase de maneira regular será 8 puntos).

A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes