Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
 Subjects
  Digital Technologies in Schools
   Recommendations

Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

- Será necesario que o alumno/a adquirise previamente competencias dixitais básicas a nivel de usuario dos medios informáticos e telemáticos (elaboración de textos e presentacións dixitais, edición básica formatos dixitais, texto, imaxe, audio, vídeo, navegación e comunicación na internet, seguridade na rede).

- Constancia no traballo ao longo do cuadrimestre. A materia require gran dedicación, pero se esta dedicación é continuada o alumnado chegará ao final do cuadrimestre coa preparación necesaria para superar a materia.

- Asistencia regular ás sesións de clase que asegura a orientación no seu estudo por parte do profesor e a guía necesaria para abordar os bloques de contido. Tamén constitúe un espazo importante para a negociación das actividades de grupo. Nas sesións de todo o grupo expóñense os aspectos para traballar nas prácticas de laboratorio.

- Seguimento e dedicación en todas as prácticas de en a aula multimedia e nas prácticas obrigatorias xa sexan individuais e/ou de grupo. Velar pola calidade dos informes finais que se entrega.

- Colaboración e participación equilibrada no equipo de traballo. Planificación adecuada das tarefas de grupo (distribución de tempos, esforzos e dialogo constante coas profesoras).

- Uso adecuado das titorías ao longo do cuadrimestre (revisión e seguimento de prácticas, apoio ao estudo individual).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes