Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
 Asignaturas
  O Proxecto de Dirección no Marco dos Proxectos Educativos de Centro
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) O Proxecto de Dirección no Marco dos Proxectos Educativos de Centro Código 652536011
Titulación
Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Castro Rodríguez, Mª Montserrat
Correo electrónico
maria.castror@udc.es
Profesorado
Castro Rodríguez, Mª Montserrat
Estévez Blanco, Iris
Correo electrónico
maria.castror@udc.es
iris.estevezb@udc.es
Web
Descrición xeral
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías: *Metodoloxías docentes que se manteñen: - Sesión maxistral. - Portafolios(computa na avaliación). - Proba mixta (computa na avaliación). - Proba oral (computa na avaliación). *Metodoloxías docentes que se modifican: Non se realizan cambios. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: - Correo electrónico: Diario. Para solicitar encontros virtuais individuais e grupais. - Moodle: diariamente. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. - Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos portafolios na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. De 1 sesión semanal (ou máis segundo a demanda do alumnado) en pequeno grupo (ata 4/6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “portafolios e aprendizaxe colaborativa”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación: Mantéñense as metodoloxías de avaliación e os pesos de cada unha na calificación global. - Portafolios (60%). Os criterios de avaliación responderán aos criterios marcados en cada unha das prácticas que se entreguen. - Proba mixta (20%). Mantéñense os criterios de cualificación e corrección da proba. - Proba oral (20%). Mantéñense os criterios de cualificación e corrección da proba. *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente a excepción de que as referencias ao cómputo de asistencia se realizará respecto ás sesións que houbo presencialmente ata o momento de suspenderse a actividada presencial. SITUACIÓNS: A) Alumnado con dedicación completa: Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%. Elaboración e presentación dos portafolios en pequeno grupo (60%). B) Os/as estudantes a tempo completo como aqueles/as con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de asistencia segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212) deberán entregar os portafolios, si ben éstos últimos poderán presentalos de maneira individual. A proba obxectiva será a mesma para todos/as. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: - Asistir e participar regularmente nas actividades da clase. - Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (portafolios, proba mixta e proba oral). - Entregar os portafolios na data que se indique. - A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo na plataforma Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes