Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
 Subjects
  Strategic Planning of Processes in Quality Management: Management Projects
   Methodologies
Methodologies Description
Directed discussion Mediante esta dinámica abordaranse os diversos temas orientados a que o alumnado reflexiones sobre a importancia da xestión da calidade na mellora dos centros educativos, atendendo aos principios da calidade co fin de favorecer a mellora continua e a toma de decisións.
Guest lecture / keynote speech Na actividade de sesión maxistral traballaranse contidos que conforman o marco teórico mediante exposición oral, guiada coa presentación de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.
Realizarase unha exposición xeral de cada un dos temas de que consta o programa, indicando aqueles aspectos que poden ser ampliados polo estudante para o seu traballo persoal.
Oral presentation Finalmente realizarase unha exposición oral, na que cada grupo compartirá os traballos realizados cos demais grupos.
Supervised projects Ao redor dos diferentes temas propoñerase a realización de pequenos traballos de grupo baseados na xestión da calidade. Estas actividades iniciaranse na aula e deberán ser completados mediante o traballo autónomo e traballo colaborativo, atendendo ás indicacións que se proporcionarán a través de atención personalizada individual e/ou en pequeno grupo.
Para a realización destes traballos tomaranse como referencia os materiais básicos da materia así como aqueles que se consideren complementarios (outras fontes documentais). Basearanse nos distintos recursos que existan nas bibliotecas, centros de recursos, e/ na rede (Internet).
O conxunto destes traballos formarán parte do portafolio individual e do grupo, Os contidos desenvolvidos serán avaliados tamén na proba obxectiva.
Mixed objective/subjective test A proba consistirá nunha actividade final da materia con carácter evaluativo a través da cal o alumnado deberá dar resposta a varias preguntas facendo un tratamento global e integrando os coñecementos adquiridos de acordo aos contidos abordados ao redor de diferentes dinámicas de traballo ao longo da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes