Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
 Asignaturas
  Xestión de Recursos Humanos, Económicos e Administrativos
   Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Proba mixta
Sesión maxistral
Descrición

O profesorado realizará un seguimento do traballo que vaia realizando o alumnado asistente a través das prácticas que vaia realizando.
É importante que o alumnado realice as súas prácticas desde o primeiro día e acuda ás titorías de maneira asidua co fin de resolver as dúbidas que estime oportunas.
As titorías desenvolveranse, por tanto, na aula, durante as clases e no despacho do profesorado, da seguinte forma:
* No caso de indicacións xerais a todo o grupo (realizaranse nas clases expositivas).
* A grupos de traballo pequeno (realizaranse nas clases interactivas -prácticas- ou no despacho).
* Individuais (realizaranse no despacho e versarán sobre o progreso do alumnado).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes