Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
0 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Módulo Xenérico, Innovación Docente e Iniciación á Investigación Educativa
 Asignaturas
  Educación e linguas en Galicia
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Foro virtual Existirúa un caderno dixital para comentaren os/as estudantes as sesións e debater sobre as lecturas e os temas principais que se abordaren na aula.
Recensión bilbiográfica O alumnado terá que entregar unha recensión bibliográfica das catro obras de lectura obrigatoria.
Proba obxectiva Existirá unha proba obxectiva final, con contidos fundamentalmente prácticos, que o alumnado deberá superar con, cando menos, un tres para lle facer media co resto das cualificacións obtidas durante o curso.
Lecturas Para alén da recensión obrigatoria, o alumnado deberá demostrar a comprensión das lecturas obrigatorias a través da súa participación no caderno dixital.
Sesión maxistral Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedimentais fundamentais para o alumnado alcanzar as competencias e destrezas previstas na materia.
Estudo de casos Na aula estudaranse diversos supostos prácticos para responder á hetoxeneidade de centros e de situacións sociolingüística. Igualmente o alumnado terá que resolver algún destes casos pola súa conta coa axuda da bibliografía recomendada.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes