Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
0 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Módulo Xenérico, Innovación Docente e Iniciación á Investigación Educativa
 Asignaturas
  Traballo fin de Mestrado
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados a) Estudos empíricos relacionados con calquera das liñas temáticas propias do mestrado e enmarcados no ámbito das competencias deste. b) Revisión e investigación bibliográfica centrada nalgún dos diferentes campos da titulación de mestrado. c) Análise de protocolos de actuación, unidades didácticas, proxectos socioeducativos ou calquera outro documento institucional, vinculadas a algún dos diferentes campos do mestrado. d) Deseño de unidades didácticas, proxectos educativos e socioeducativos de diversa índole, relacionados co mestrado.
Presentación oral Proba na que se busca responder, de forma oral, a preguntas cortas ou de certa amplitude, valorando a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de elaboración e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes