Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
1 Mestrado Universitario de Profesorado de Educación Secundaria: Ciencias Experimentais
 Asignaturas
  Función titorial e orientación académica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A7 A10 A30 C7 Será unha proba tipo test de resposta múltiple onde só unha opción será a verdadeira. 30
Portafolios do alumno A5 A7 A9 A10 A26 C1 C3 C4 C7 No que se recollerá a actividade realizada, a súa avaliación; así coma as reflexións xeradas no grupo. Ademáis cada estudante deberá facer unha avaliación individual da materia e o traballo realizado nela. 50
Simulación A7 A12 A34 A37 C1 C3 C4 C7 Consistirá na representación do traballo realizado na aula. 20
 
Observacións avaliación

ALUMNADO ASISTENTE

Para que os estudantes podan ser avaliados segundo a planificación anterior, deben ter unha asistencia ás sesións interactivas, do 80%.

Portafolios do alumno/a (grupal):

Constará de tres partes:

1) Na que se recollerá a actividade realizada no grupo
interactivo (en base ao suposto que se facilite e as fases de desenrolo de este),
así como unha reflexión grupal das competencias adquiridas atendendo tamén ao
seu desenvolvemento ao escenificalo na aula.

2) A avaliación que fan do seu propio traballo (unha nota
numérica que deberán argumentar) e do exposto polos demáis compañeiros/as na
aula (unha nota numérica que deberán argumentar). 

3) A avaliación da asignatura incidindo sobre todo nos
aspectos de mellora.

IMPORTANTE: Será necesario obter alomenos o 50% da puntuación otorgada a cada parte avaliable para superar a asignatura

Na simulación deberán
participar todos/as os/as integrantes do grupo para poder ser avaliados/as.


ALUMNADO CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL (DISPENSA ACADÉMICA)

O alumnado que teña recoñecida a dispensa de asistencia pola
Comisión Académica do título poderá acollerse á modalidade de avaliación
continua ou optar por asistir ao exame final realizando unha proba similar á do
alumnado non asistente.


ALUMNADO NON ASISTENTE

Neste caso a avaliación consistirá nunha proba de carácter
mixto:

 - Un exame tipo test que terá un peso na
avaliación final do 40%

 - Unha parte de preguntas de resposta breve que terá
un peso do 60%. É preciso ter superado o 50% en cada unha das partes para poder
sumar as puntuacións obtidas e aprobar a asignatura.

A segunda oportunidade estará sometida aos mesmos criterios de avaliación que a primeira oportunidade.

Enténdese que o alumnado universitario ten asumidas as capacidades lingüísticas en relación á expresión oral e escrita. Por tanto, é primordial e obrigatorio a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames realizados como condición imprescindible para superar a materia.

No relativo á realización fraudulenta (plaxio) das probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14. 4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes