Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
1 Mestrado Universitario de Profesorado de Educación Secundaria: Ciencias Experimentais
 Asignaturas
  Educación e linguas en Galicia
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A1 A6 A8 A13 Elaboración de informes e participación nas discusións dirixidas con argumentos apoiados nas lecturas. 10
Estudo de casos A9 A13 A26 Elaboración de supostos prácticos, individual e grupalmente. 30
Proba mixta A13 C1 Realización dunha proba final 30
Foro virtual A10 A13 A14 C4 C1 Participación no caderno dixital 30
 
Observacións avaliación

Todas as actividades deberán ser entregadas de
acordo cos prazos e os procedementos fixados no cronograma que o profesorado
fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e pendurará na plataforma moodle.

O estudantado a tempo parcial e con dispensa
académica realizará ou entregará as actividades obrigatorias nunha data
concertada previamente cos profesores. Este alumnado deberá realizar e entregar
as mesmas probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir ás
titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.

Para
superar a materia, será condición indispensábel ter realizado os estudos de casos e obter unha cualificación mínima de 4
valores sobre 10 na proba obxectiva.

As persoas que non superaren a materia de
acordo coa avaliación continuada deberán entregar en xullo, nas datas marcadas
aos efectos de avaliación pola Facultade de Educación, os traballos que foren
solicitados e superar tamén aquelas actividades que non tiveren superadas.

Será considerado Non Presentado aquel/a estudante que non realizar os estudos de casos e/ou a proba obxectiva.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes