Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
1 Mestrado Universitario de Profesorado de Educación Secundaria: Ciencias Experimentais
 Asignaturas
  Traballo fin de Mestrado
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados a) Estudos empíricos relacionados con calquera das liñas temáticas propias da especialidade docente en Ciencias Experimentais e enmarcados no ámbito das competencias deste. b) Investigación educativa nalgún dos diferentes campos da especialidade do mestrado. c) Análise de protocolos de actuación, unidades didácticas, proxectos socioeducativos ou calquera outro documento institucional, vinculadas a algún dos diferentes campos do mestrado. d) Deseño de unidades didácticas o proxectos curriculares relacionados coa especialidade.
Presentación oral SOLICITUDE DE DEFENSA: Unha vez finalizado o proceso de elaboración do TFM, e unha vez obtido o informe favorable do director/a do mesmo, o alumnado terá que presentar, no prazo e lugar establecido polo centro, 3 exemplares en papel do seu TFM e un en formato dixital, así coma o impreso de solicitude de avaliación.
DEFENSA: Unha vez que se faga púbica a convocatoria do tribunal, o alumnado debe presentarse á hora indicada e agardar a ser chamado polo secretario/a do mesmo. Para a defensa deberá acudir cun documento identificativo (DNI ou Pasaporte), e o resto de documentos que se soliciten, se é o caso. Para a exposición, que será pública, disporá dun tempo de 20 minutos e o tribunal disporá de 20 minutos para realizar as preguntas que estimen oportunas e debatir co alumno/a. O alumnado poderá utilizar canto material sexa preciso para a exposición.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes