Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
1 Mestrado Universitario de Profesorado de Educación Secundaria: Ciencias Experimentais
 Asignaturas
  Didáctica das ciencias experimentais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A27 C1 C6 C8 Metodoloxía que pretende o traballo autónomo dos estudantes a nivel individual e tamén grupal, de modo que o grupo "actúe" como unha "comunidade que constrúe o seu propio coñecemento", realizando actividades e traballos dentro e fora da aula. A súa realización é obrigatoria e para superala necesítase alcanzar o 50% da cualificación indicada.
40
Presentación oral C1 Os grupos de traballo elaborarán e expondran con axuda das TIC, un tema para elixir entre os propostos polo profesor, que lles orientará tanto nos aspectos básicos a tratar como na procura, selección e tratamento da información. A súa realización é obrigatoria e valorarase a presentación e a fundamentación das achegas que se propoñan en relación á temática tratada. 20
Proba mixta A19 A21 A24 A27 C1
Realizarase obrigatoriamente unha proba escrita de tipo mixto, con preguntas abertas de semidesarrollo e/ou de resposta breve para valorar os coñecementos alcanzados e a capacidade de análise, sobre os contidos da materia. Para superala é necesario alcanzar o 50% da cualificación indicada.
40
 
Observacións avaliación

Na primeira oportunidade avaliaranse as actividades e traballos realizados durante o curso e proba escrita. A cualificación será a media ponderada das notas obtidas en cada parte, debendo
obter en cada unha delas un aprobado (5 sobre 10).
É requisito imprescindible unha asistencia mínima do 80% de asistencia ás sesión presenciais. No caso de non alcanzarse dito porcentaxe as actividades/traballos non serán avaliados e a cualificación será de non presentado.
Na segunda oportunidade o alumnado queasistíu a lo menos ó 80% das sesiones deberá repetir as partes nón superadas(actividades/traballos e/ou proba escrita.
Os estudantes que non alcanzaran o porcentaxe de asistencia esixida ás sesións presenciais
deberán presentar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ó longo do curso. En calquera caso casos, a cualificación será a media ponderada das notas obtidas en cada parte, debendo obter en cada unha delas un aprobado (5 sobre 10).
Os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia deberán poñelo en coñecemento do profesor a primeira semana de clase.
Na primeira oportunidad, ademáis da proba escrita, terán que realizar, individualmente,
todas as actividades/traballos propostos ó longo do curso e entregálos nas
datas que estableza a profesora. A cualificación será a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante o curso e da nota da proba escrita, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10).
Na segunda oportunidad, deberán repetir ás partes non superadas (actividades/traballos
e/ou proba escrita.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes