Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
1 Mestrado Universitario de Profesorado de Educación Secundaria: Ciencias Experimentais
 Asignaturas
  Didáctica das ciencias experimentais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A27 C1 C6 C8 Metodoloxía que pretende o traballo autónomo dos estudantes a nivel individual e tamén grupal, de xeito que o grupo "actúe" como unha "comunidade que constrúe o seu propio coñecemento", realizando actividades e traballos dentro e fora da aula. A súa realización é obrigatoria e para superala necesítase acadar o 50% da cualificación indicada.
40
Presentación oral C1 Os grupos exporán, coa axuda das TIC, o traballo realizado colaborativamente e os estudantes tamén presentarán os traballos tutelados realizados individualmente. A exposición dos traballos é obrigatoria e valorarase a presentación, así como a fundamentación das achegas que se propoñan en relación á temática tratada. 10
Aprendizaxe colaborativa A19 C4 Os grupos de traballo elaborarán un tema a elixir entre os propostos polo docente, que lles orientará tanto nos aspectos básicos a tratar como na procura, selección e tratamento da información. A súa realización é obrigatoria e valorarase a súa orixinalidade, innovación, relevancia para o ensino das ciencias e a fundamentación das achegas que se propoñan en relación á temática tratada. 10
Proba mixta A19 A21 A24 A27 C1 Realizarase obrigatoriamente unha proba escrita de tipo mixto, con preguntas abertas de semidesenvolvemeto e/ou de resposta breve para valorar os coñecementos acadados e a capacidade de análise, sobre os contidos da materia. Para superala é necesario acadar o 50% da cualificación indicada. 40
 
Observacións avaliación

Na primeira oportunidade avaliaranse as actividades e traballos realizados durante o curso e a proba escrita. Se o estudante supera todos os apartados (cada un cun 5 sobre 10), a cualificación será a media ponderada das notas obtidas en cada parte. 

A cualificación dos estudantes que non teñan superada a materia nalgún dos seus apartados, pero si se presentaran ás actividades a avaliar, será a media ponderada dos apartados suspensos.
É requisito imprescindible unha asistencia mínima do 80% de asistencia ás sesión presenciais. Considerarase como “Non presentado” (NP)
aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concorrese ás
distintas actividades a avaliar (actividades das sesións interactivas; proba escrita;
traballos tutelados) que se establezan para o curso académico.

Na segunda oportunidade o alumnado que asistíu cando menos ao 80% das sesións deberá repetir/entregar as partes non superadas (actividades/traballos e/ou proba escrita.
Os estudantes que non alcanzaran a porcentaxe de asistencia esixida ás sesións presenciais
deberán presentar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ó longo do curso. Se se superan todos os apartados (5 sobre 10), a cualificación será a media ponderada das notas obtidas en cada parte.  
A cualificación dos estudantes que non teñan superada a materia nalgún dos seus apartados pero si se presentaran ás actividades a avaliar, será a media ponderada dos apartados suspensos.
Considerarase como “Non presentado” (NP) aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concorrese ás distintas actividades a avaliar (sesións interactivas/prácticas; proba escrita; traballos tutelados) que se establezan para o curso académico.


Alumnado con recoñecemento de dispensa
académica



Segundo o establecido na " NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A
PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA
UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017):



  1. Deberá poñelo en
    coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora
    posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o
    recoñecemento.
  2.    Terán que realizar,
    individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e
    entregalos nas datas establecidas polo docente.Se non se cumpre a entrega na data sinalada considerarase como "Non Presentado", por non completar as distintas actividade a avaliar (actividades das sesións interactivas; proba escrita; traballos tutelados) que se establecen para o curso académico.  
  3.    No caso da concorrer a todas as actividades a avaliar, a cualificación será
    a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante o
    curso e da nota da proba realizada na data do calendario oficial de exames,
    debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para poder
    superar a materia. No caso de non superar algunha das partes na primeira
    oportunidade, a nota será a media ponderada dos apartados suspensos e deberán repetir/entregar na segunda oportunidade as partes non aprobadas
    (actividades/traballos e/ou proba).






 Considerarase como “Non presentado” (NP)
aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concorrese ás
distintas actividades a avaliar (sesións interactivas/prácticas; proba escrita;
traballos tutelados) que se establezan para o curso académico.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes