Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
1 Mestrado Universitario de Profesorado de Educación Secundaria: Ciencias Experimentais
 Asignaturas
  Didáctica da bioloxía e xeoloxía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A20 A25 A27 C1 C6 Valorarase a calidade dos traballos: capacidade de mostrar habilidades profesionais na elaboración xustificada de propostas de ensino das materias científicas (Bioloxía e Xeoloxía) 50
Proba mixta A20 A25 A27 C1 Proba de carácer individual na que se valorará a capacidade de aplicar os coñecementos e as capacidades adquiridas a o longo do curso na resolución de problemás o cuestións específicas relacionadas co ensino da Bioloxía/Xeoloxía 40
Presentación oral A20 A22 A25 C1 valolarase a presentación oral e o soporte audiovisual que ilustre xustificadamente o traballo tutelado. Terase en conta ademáis a capacidade de respostar as preguntas realizadas por o docente o por outros membros do grupo 10
 
Observacións avaliación

Na primeira oportunidade  avaliaranse as actividades e traballos, así como as presentacions orais realizadas durante o curso, e a proba escrita. A Cualificación será a media ponderada das notas obtidas en cada parte, debendo obter en cada unha delas un aprobado (5 sobre 10). É requisito imprescindible
unha asistencia mínima do 80% ás sesións presenciais. No caso de non alcanzarse
dita porcentaxe deberán presentar, individualmente as actividades/traballos
propostos ó longo das distinas sesións, realizando tambén a presentación oral que será obrigatoria para todo o alumnado. 

Na segunda oportunidade o alumnado deberá repetir só as partes nón superadas
(actividades/traballos e/ou proba escrita e/ou presentación oral). A cualificación será a media ponderada das notas obtidas en cada parte, debendo obter en cada
unha delas un aprobado (5 sobre 10).

Os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo
parcial
e dispensa académica de exención de asistencia, seguindo as normas que regula o réxime de dedicación ao estudo e
a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e máster universitario na universidade da Coruña (aprobada polo consello social do 04/05/2017), deberán poñelo en
coñecemento do profesor a primeira semana de clase. Se isto non fora posible, nun prazo non superior a 7 días
desde que lle fora concedido o recoñecemento. Tamén terán que presentar, individualmente, todas as
actividades/traballos propostos nas sesións do curso e entregalos nas datas que
estableza a profesora, realizando tamén a presentación oral. Se non se cumpre a entrega na data sinalada a
cualificación  será de  non presentado,  segundo
o establecido no artigo 21º -Sistema de cualificacións- das “Normas de avaliación, revisión e reclamación dás
cualificacións dúas estudos de grao e Mestrado universitario” na UDC (29/06/2017).  A cualificación final da Primeira Oportunidade será a media ponderada das notas
das actividades e traballos realizados e da nota da proba
escrita, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10). Na
segunda oportunidade
, deberán repetirse só as partes non superadas
(actividades/traballos e/ou proba escrita). A nota final obterase da mesma forma.

Os traballos serán entregados fundamentalmente en formato dixital, e nos casos que a entrega sexa en papel este deberá ser reciclado, evitándose o uso de plásticos. Ademásis se esixirá a utilización dunha  linguaxe non sexista, así como os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos personais e profesionais. 

Importante: nos traballos presentados considerarase a corrección da expresión e da ortografía. Por outra banda, o plaxio será a causa da suspensión da actividade avaliada, en coherencia co artigo 14.4 das NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DE GRADOS DE ESTUDOS DE BACHARELATO E MÁSTER, aprobadas polo Consello de Goberno o 19 de decembro de 2013 e modificadas o 29 de xuño de 2017.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes