Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
2 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Tecnoloxía
 Asignaturas
  Función titorial e orientación académica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A5 A7 A9 A10 A26 C1 C3 C4 C7 No que se recollerá a actividade realizada, a súa avaliación; así coma as reflexións xeradas no grupo. Ademáis cada estudante deberá facer unha avaliación individual da materia e o traballo realizado nela. 50
Simulación A7 A12 A34 A37 C1 C3 C4 C7 Consistirá na presentación do traballo suxerido mediante un xogo de rol. 20
Proba obxectiva A7 A10 A30 C7 Será unha proba tipo test a realizar só polo alumnado que asiste ás aulas de xeito regular e que, polo tanto, presenta o portafolios de competencias adquiridas ao longo das diferentes sesións. Será unha proba de resposta múltiple onde só unha opción será a verdadeira. 30
 
Observacións avaliación

ALUMNADO ASISTENTE

Para que os estudantes podan ser avaliados segundo a planificación anterior, deben ter unha asistencia ás sesións interactivas, do 80%. 

Para superar a materia é obrigatorio aprobar todas as metodoloxías avaliables: 

  1. Na proba mixta é preciso ter a lo menos o 50% de cada unha das dúas partes
  2. No portafolios grupal tamén é necesario acadar como mínimo o 50% da calificación otorgado. No portafolios, a avaliación pode ser diferente para cada integrante do grupo xa que estará supeditada ao grao de implicación amosado por cada persoa.
  3. Na Simulación é obrigatorio acadar polo menos o 50% da calificación. Deberán participar todos/as os/as integrantes do grupo para poder ser avaliados/as.

No caso de non aprobar unha das metodoloxías, a cualificación final da materia será como máximo de 4 puntos. 

ALUMNADO CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL (DISPENSA ACADÉMICA)

O alumnado que teña recoñecida a dispensa de asistencia pola Comisión Académica do título poderá acollerse á modalidade de avaliación continua ou optar por asistir ao exame final cunha cualificación (calificación do 100% da nota).


ALUMNADO NON ASISTENTE

O ALUMNADO QUE ASISTA A MENOS DUN 80% DAS SESIÓNS INTERACTIVAS, deberá realizar un exame de carácter teórico-práctico que será o 100% da cualificación final. É preciso ter superadas as diferentes partes que compoñan o mesmo.

A segunda oportunidade estará sometida aos mesmos criterios de avaliación que a primeira oportunidade.

Enténdese que o alumnado universitario ten asumidas as capacidades lingüísticas en relación á expresión oral e escrita. Por tanto, é primordial e obrigatorio a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames realizados como condición imprescindible para superar a materia.

No relativo á realización fraudulenta (plaxio) das probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14. 4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes