Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
2 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Tecnoloxía
 Asignaturas
  Traballo fin de Mestrado
   Contidos
Temas Subtemas
A continuación presentamos as posibles opcións de elección para que os estudantes realizaren o TFM:
A continuación presentamos as posibles opcións de elección para que os estudantes realizaren o TFM:
a) Planificación curricular

Consistirá na realización dunha planificación curricular contextualizada en diferentes formatos temporais (dun módulo dun ciclo de grao medio ou superior da titulación correspondente, dun curso ou dun trimestre dunha materia da ESO ou do bacharelato).
Deberá incluír os seguintes elementos:
• Fundamentación mediante a achega relevante e actualizada de documentos que versaren sobre a temática elixida e sustentada en achegas de investigación didáctica.
• Xustificación da planificación atendendo á lexislación vixente e á súa contextualización.
• Descrición dos obxectivos que se pretenden conseguir.
• Unha programación didáctica exhaustiva dos contidos para desenvolver.
• Unha secuencia lóxica, fundamentada e temporalizada das unidades didácticas da materia.
• Propostas metodolóxicas e instrumentos e criterios de avaliación global das competencias terminais do ciclo, curso ou trimestre.
• Consecución de competencias básicas.
• Descrición dos materiais e recursos que se utilizarán.
• Proposta de temporalización dos contidos por unidades didácticas.
• Medidas previstas de atención á diversidade.
• Valoración desta planificación para a súa aplicación no centro onde se realizaron as prácticas.
b) Unidade didáctica

Consistirá nunha unidade didáctica que deberá ser ensaiada na aula durante o período das prácticas en centros.
Esta unidade didáctica deberá responder aos seguintes requirimentos:
• Fundamentación mediante a achega relevante e actualizada de documentos que versaren sobre a temática elixida e sustentada en achegas de investigación didáctica.
• Xustificación da unidade atendendo á lexislación vixente (decretos, reais decretos de ensinanzas mínimas, e ordes), a outros aspectos psicopedagóxicos e didácticos que xustificaren a súa inclusión no currículo da etapa, e/ou o curso e a súa contextualización.
• Elementos da unidade didáctica claramente diferenciados e definidos: expectativas de aprendizaxe (obxectivos e competencias básicas), contidos, temporalización, metodoloxía e recursos.
• Atención á diversidade, coas estratexias e materiais para a levar a cabo.
• Criterios e instrumentos de avaliación e seguimento da unidade.
• Desenvolvemento completo das diferentes sesións de clase, incluídos os anexos co material completo e necesario para aplicar á unidade didáctica.
• Valoración da aplicación da unidade. Se por algunha circunstancia extraordinaria non se puidese aplicar, a valoración referirase á idoneidade da unidade didáctica para o centro onde tiveron lugar as prácticas.
c) Investigación educativa

Consistirá no deseño e desenvolvemento dunha investigación sobre un proxecto de innovación e mellora no marco da didáctica específica da especialidade cursada.
Esta deberá conter como mínimo os seguintes elementos:
• Fundamentación mediante a achega relevante e actualizada de documentos que versaren sobre a temática elixida e sustentada en achegas de investigación didáctica.
• Descrición do proxecto e do contexto de desenvolvemento.
• Deseño, aplicación ou validación específica de instrumentos de avaliación que supoñan:
- o uso de procedementos de observación sistemática;
- e a recollida e análise de datos cuantitativos e/ou cualitativos.
• Análise e discusión dos datos recollidos.
• Formulación de conclusións.
d) Acción en temáticas transversais

Consistirá na elaboración dun plan de actuación nalgún dos eixes transversais do currículo, que deberá ser ensaiado durante o período das prácticas en centros.
Conterá como mínimo os seguintes aspectos:
• Fundamentación mediante a achega relevante e actualizada de documentos que versaren sobre a temática elixida e sustentada en achegas de investigación didáctica
• Xustificación e contextualización dentro dos currículos da/s materia/s das etapas correspondentes
• Deseño dos obxectivos do plan de actuación
• Metodoloxía de traballo
• Actividades propostas
• Avaliación para a súa posible aplicación en centros docentes en xeral
• Valoración da aplicación do plan. Se por algunha circunstancia extraordinaria non se puidese aplicar, a valoración referirase á idoneidade da TFM para o centro onde tiveron lugar as prácticas.
e) Proxecto integrado ou actividade complementaria

Consistirá nunha planificación exhaustiva dunha saída de campo ou dun proxecto que permita conectar os contidos das materias de xeito interdisciplinar cos recursos educativos do contorno.
Incluirá, como no caso anterior e como mínimo, os seguintes aspectos:
• Fundamentación mediante a achega relevante e actualizada de documentos que versaren sobre a temática elixida e sustentada en achegas de investigación didáctica.
• Xustificación e contextualización dentro dos currículos da/s materia/s das etapas correspondentes.
• Descrición dos obxectivos do proxecto ou actividade.
• Metodoloxía de traballo.
• Actividades propostas, incluídas as guías didácticas e os materiais de apoio.
• Avaliación para a súa posible aplicación en centros docentes en xeral.
• Valoración da aplicación da saída ou o proxecto. Se por algunha circunstancia extraordinaria non se puidese aplicar, a valoración referirase á idoneidade da proposta para o centro onde tiveron lugar as prácticas.
f) Innovación educativa coa elaboración de materiais didácticos

Consistirá na elaboración de materiais didácticos específicos ou de innovación educativa, ou ben de recursos e ferramentas tecnolóxicos (software, hardware, mecánica etc.) de uso educativo.
Conterá, como no caso anterior e como mínimo, os seguintes aspectos:
• Fundamentación mediante a achega relevante e actualizada de documentos que versaren sobre a temática elixida e sustentada en achegas de investigación didáctica.
• Xustificación e contextualización dentro dos currículos da/s materia/s das etapas correspondentes.
• Descrición dos obxectivos da innovación.
• Metodoloxía de traballo.
• Avaliación para a súa posible aplicación en centros docentes en xeral.
• Valoración da aplicación dos materiais, recursos e/ou ferramentas. Se por algunha circunstancia extraordinaria non se puidesen aplicar, a valoración referirase á idoneidade da proposta para o centro onde tiveron lugar as prácticas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes